Skip to main content

Bolsa de emprego de Animador sociocultural no Concello de Narón

Aprobar a convocatoria pública para a formación dunha bolsa de emprego na categoría de Animador Sociocultural (ANIMADOR-26), mediante o sistema de concurso de méritos, ao abeiro do Regulamento de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Narón (BOP nº 121 do 27.06.2023).

Dispoñer a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na sede electrónica municipal, concedendo un prazo de quince (15) días naturais para a presentación de solicitudes, ao abeiro do artigo 2 do antedito regulamento.

Atribuír á Comisión Permanente de Selección as funcións de valoración de méritos e elaboración das listas provisionais e definitivas, de conformidade co disposto nos artigos 6 a 9 do regulamento municipal.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/30/2026_0000004982.html

Comments