Oposición subgrupo A2, escala de enxeñarías técnicas, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas.
A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia convoca o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñarías técnicas, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas.
O número de prazas convocadas na escala de enxeñarías técnicas, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, será de seis (6), das que unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.
Resérvanse dúas (2) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de enxeñería técnica de obras públicas ou grao nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñaría técnica de obras públicas.
Prazo de presentación de solicitudes: do 31 de xullo ao 27 de agosto de 2026.
Máis información: DOG DE 30/07/2026




Comments