Modificación RPT no Concello de Poio
O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria realizada con data 28 de xullo de 2026, prestou aprobación á modificación inicial da Relación de Postos de Traballo por razóns organizativas exp. 1849/2026, conforme á Memoria xustificativa de data 03 de xullo de 2026 e emenda asinada con data 28 de xullo de 2026.
O que se somete a información pública mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia, polo prazo de 20 días, para a presentación de reclamacións ou alegacións. No caso de non presentarse alegación ou reclamación ningunha dita modificación elevarase a definitiva, no caso de presentarse deberá de someterse novamente á consideración do Pleno para a súa resolución.
Toda a información relativa a este expediente pode consultarse no Portal de Transparencia no enlace https://concellopoio.sedelectronica.gal/transparency/91600be4-d4a7-46d2-850c-78c6d1fd4c39 que se corresponde co apartado 8. PERSOAL E EMPREGO e subapartado 8.5 Relación de Postos de Traballo.
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/31/2026059341




Comments