Skip to main content

Praza de persoal de atención de escola municipal no Concello de A Baña

O obxecto da presente convocatoria é a creación dunha bolsa de emprego para a contratación como persoal laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de PERSOAL DE ATENCIÓN (TÉCNICO/A) destinado á escola infantil municipal do Concello da Baña.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As solicitudes (Anexo II) requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para para a contratación como persoal laboral temporal, de persoal de apoio destinado á escola infantil municipal do Concello da Baña; dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Baña, presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de sete días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/03/2026_0000005010.html

Comments