Skip to main content

O Concello da Coruña convoca 18 prazas de técnico/a de administración xeral por quenda libre

O Concello da Coruña publicou unha nova convocatoria de emprego público para cubrir 18 prazas de técnico/a de administración xeral (subgrupo A1) mediante o sistema de oposición. As prazas corresponden ás ofertas de emprego público dos anos 2025 e 2026.

Prazas convocadas

  • 18 prazas de técnico/a de administración xeral (subgrupo A1).
  • Acceso por quenda libre.
  • 1 das prazas está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

Requisitos
As persoas aspirantes deberán estar en posesión dun:

  • Grao universitario.
  • Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura ou titulación equivalente.

Sistema selectivo
O proceso desenvolverase mediante oposición e constará de catro exercicios obrigatorios e eliminatorios:

  • Primeiro exercicio: cuestionario tipo test de 100 preguntas sobre o temario.
  • Segundo exercicio: resolución dun suposto práctico coa elaboración dun informe-proposta.
  • Terceiro exercicio: desenvolvemento por escrito de dous temas da parte específica do temario, elixidos entre catro.
  • Cuarto exercicio: proba de coñecemento da lingua galega para quen non acredite o Celga 4 ou equivalente.

As persoas que acaden a puntuación mínima establecida no primeiro exercicio e non obteñan praza integrarán unha listaxe de agarda para futuros nomeamentos como persoal funcionario interino.

Solicitudes
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello da Coruña, mediante o procedemento "Participación en probas selectivas".

Taxa
A taxa de inscrición é de 24,88 euros, con exención para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e para demandantes de emprego que cumpran os requisitos previstos na convocatoria.

Prazo de presentación
O prazo para presentar solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/05/2026_0000005122…

Comments