Skip to main content

Convocatoria para a contratación dun/dunha peón/a de servizos múltiples en Leiro

O Concello de Leiro convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 1 traballador/a para prestar servizo como peón/a de servizos múltiples, de acordo coas bases aprobadas por Resolución da Alcaldía do 11 de agosto de 2026.

Posto

  • Número de prazas: 1.
  • Posto: Peón/a de servizos múltiples.
  • Modalidade: Contrato laboral eventual por circunstancias da produción.
  • Xornada: Completa, de 40 horas semanais.
  • Duración: 3 meses.
  • Sistema de selección: Concurso-oposición.

Presentación de solicitudes

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro do Concello de Leiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

O prazo será de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

 

https://bop.depourense.es/portal/anuncio/352253

Comments