Skip to main content

Bolsa de emprego temporal para traballador/a social no Concello de Guitiriz

O Concello de Guitiriz convoca un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego temporal de traballador/a social, mediante o sistema de oposición libre, para posibles contratacións temporais destinadas a cubrir substitucións e necesidades de persoal nos Servizos Sociais municipais. A bolsa terá unha vixencia de tres anos (2026-2029).

Características da bolsa

  • Posto: Traballador/a social.
  • Modalidade: Persoal laboral temporal.
  • Sistema de selección: Oposición libre.
  • Duración da bolsa: 3 anos.
  • Expediente: 1042/2026.
  • Ámbitos de traballo: Servizos Sociais municipais e Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
  • A nova bolsa terá carácter prioritario nos chamamentos. A bolsa anterior, creada en maio de 2026, manterase vixente como supletoria no caso de que non haxa candidatos/as dispoñibles na nova bolsa.

Funcións

As persoas seleccionadas poderán desempeñar as funcións propias dos postos de traballador/a social dos Servizos Sociais municipais e de traballador/a social do SAF.

Entre outras tarefas, desenvolverán:

  • Información, asesoramento e orientación a persoas, familias e colectivos sobre dereitos, obrigas e recursos sociais.
  • Emisión de informes e tramitación de expedientes de Servizos Sociais.
  • Dirección e xestión de programas e plans de actuación municipal.
  • Seguimento de expedientes de subvencións.
  • Elaboración de memorias, orzamentos e documentación técnica.
  • Dirección e xestión do Servizo de Axuda no Fogar.
  • Coordinación e apoio nas actividades e programas dos Servizos Sociais.
  • Atención ao público e ao teléfono de incidencias do SAF.
  • Outras funcións relacionadas coa categoría profesional e coas necesidades do servizo.

Requisitos

As persoas aspirantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os 16 anos e non superar a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Ter nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos para o acceso ao emprego público por persoas doutras nacionalidades.
  • Posuír a capacidade funcional necesaria para desempeñar o posto.
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo das Administracións Públicas nin estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.
  • Estar en posesión do título de Diplomado/a en Traballo Social ou Grao equivalente que habilite para o exercicio da profesión de traballador/a social.
  • No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, contar coa correspondente homologación.

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude mediante o modelo oficial que figura como Anexo I das bases.

As solicitudes poderán presentarse:

  • A través da sede electrónica do Concello de Guitiriz.
  • No Rexistro Xeral do Concello de Guitiriz, situado na Rúa do Concello, nº 4, 27300 Guitiriz.
  • Nos lugares e pola forma establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

O prazo de presentación será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments