Skip to main content

O Concello de Láncara crea unha bolsa de emprego temporal para o posto de conserxe no CPI Ramón Piñeiro

O Concello de Láncara convoca un proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para a elaboración dunha bolsa de emprego temporal de funcionario/a interino/a para o posto de conserxe no CPI Ramón Piñeiro.

Prazo de presentación:

  • 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Características do posto:

  • Posto: Conserxe.
  • Grupo: E – Agrupacións profesionais.
  • Relación xurídica: funcionario/a interino/a.
  • Destino: CPI Ramón Piñeiro de Láncara.
  • Retribucións: as correspondentes ao posto de conserxe, con complemento de destino 14 e complemento específico anual de 5.665,80 euros.

Requisitos:

  • Ter cumpridos 16 anos e non superar a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas.
  • Cumprir os requisitos de nacionalidade establecidos na normativa de emprego público.
  • Non estar separado/a do servizo das administracións públicas nin inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.
  • Non se esixe titulación académica para participar.
  • Acreditar coñecementos de lingua galega mediante CELGA 2, curso de perfeccionamento ou equivalente. As persoas que non o acrediten deberán superar unha proba de galego.

Proceso selectivo:

  • Fase de oposición: proba teórica tipo test sobre o temario común e específico, cunha puntuación máxima de 30 puntos. Será necesario obter polo menos 15 puntos para superala.
  • Fase de concurso: valoración de méritos, cun máximo de 6 puntos.
  • A puntuación final será o resultado da suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso.
    Funcións principais:
    Entre outras tarefas, o posto inclúe a atención telefónica e presencial, apertura e peche das instalacións, vixilancia e custodia das dependencias, control de chaves e alarmas, supervisión de instalacións, reparto de documentación e correo, manexo de equipos de reprografía e pequenas tarefas de mantemento.

Presentación de solicitudes:
As solicitudes deberán presentarse mediante o modelo oficial dispoñible na sede electrónica do Concello de Láncara ou no Rexistro Xeral do Concello, así como polas vías previstas na normativa de procedemento administrativo.

Bolsa de emprego:
As persoas que superen o proceso selectivo serán incluídas nunha bolsa para futuras contratacións destinadas a cubrir temporalmente vacantes. As chamadas realizaranse por orde de puntuación.

Máis información:
As bases da convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Láncara.

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments