Skip to main content

Augas de Ames convoca dous procesos selectivos para cubrir unha praza de técnico/a de xestión e outra de oficial de 1ª de servizos

A Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL convoca dous procesos selectivos para cubrir dúas prazas incluídas na súa Oferta de Emprego Público de 2026: unha de técnico/a de xestión, como persoal funcionario de carreira, e outra de oficial de 1ª de servizos, como persoal laboral indefinido.

As convocatorias foron aprobadas polo Consello de Administración de Augas de Ames EPEL na sesión extraordinaria celebrada o 6 de agosto de 2026 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 18 de agosto de 2026.

Praza de técnico/a de xestión

  • Posto: técnico/a de xestión.
  • Vacantes: 1.
  • Relación laboral: persoal funcionario de carreira.
  • Grupo: A2, escala de Administración xeral, subescala de xestión.
  • Xornada: completa.
  • Área funcional: xurídico-económica.
  • Sistema selectivo: concurso-oposición.
  • Titulación: Grao, Licenciatura, Arquitectura, Enxeñería, Diplomatura, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica ou equivalentes.
  • Lingua galega: CELGA 4 ou equivalente.
  • Probas: exame tipo test de 30 preguntas e proba práctica, ambas eliminatorias. As persoas que non acrediten o CELGA 4 deberán superar tamén unha proba específica de galego.
  • A fase de oposición terá unha puntuación máxima de 20 puntos e a fase de concurso poderá achegar ata 13 puntos.
  • O proceso dará lugar, ademais, á creación dunha bolsa de emprego temporal de técnico/a de xestión.

Praza de oficial de 1ª de servizos

  • Posto: oficial de 1ª de servizos.
  • Vacantes: 1.
  • Relación laboral: persoal laboral indefinido.
  • Grupo profesional: GP2, nivel A.
  • Xornada: completa.
  • Área funcional: operaria.
  • Sistema selectivo: concurso-oposición.
  • Titulación: formación profesional de grao medio, formación profesional de primeiro grao, certificado de profesionalidade equivalente ou coñecementos adquiridos mediante experiencia profesional equivalente, conforme ao VII Convenio colectivo estatal do ciclo integral da auga.
  • Lingua galega: CELGA 2 ou equivalente.
  • Permiso de conducir: carné B.
  • Probas: exame tipo test de 20 preguntas e proba práctica, ambas eliminatorias. As persoas que non acrediten o CELGA 2 deberán superar tamén unha proba específica de galego.
  • A fase de oposición terá unha puntuación máxima de 20 puntos e a fase de concurso poderá achegar ata 13 puntos.

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da correspondente convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

A presentación realizarase preferentemente a través do Rexistro electrónico da Sede Electrónica do Concello de Ames, dirixida ao Departamento de Alcaldía (Presidencia da Entidade Pública Empresarial Local Augas de Ames EPEL).

Tamén poderán presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Máis información: nas bases completas das convocatorias publicadas no BOP da Coruña e na páxina web de Augas de Ames EPEL.

Referencia: BOP da Coruña núm. 156, do 18 de agosto de 2026, anuncios 2026/5388 e 2026/5390.

Comments