Ofertas de emprego para persoas con discapacidade en Galicia
Portalento publica diversas ofertas de emprego dirixidas a persoas con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % ou equivalente
Requisitos comúns: certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % ou equivalente.
DevOps Junior – 100 % remoto (223510)
- Postos: 10 vacantes.
- Contrato: indefinido, con 6 meses de período de proba.
- Modalidade: teletraballo 100 %.
- Incorporación: inmediata.
- Perfil: FP de Administrador/a de Sistemas Informáticos (ASI) ou similar.
- Coñecementos: GitHub, Kubernetes/Docker e inglés técnico para lectura de documentación.
- Xornada: completa.
- Horario: entrada flexible entre as 08:00 e as 09:00 h; 8 horas de traballo e 1 hora para comer. Os venres saída ás 15:00 h. Horario de verán de 08:00 a 15:00 h.
- Valóranse perfís junior e senior.
- Non é necesario realizar atención telefónica: dispóñese de vías alternativas de comunicación, incluíndo comunicación escrita e subtitulado.
- Requírese certa tolerancia ao estrés.
Persoal de atención telefónica – Santiago (223544)
- Traballo a quendas de mañá, tarde e noite.
- Rotación: 2 mañás, 2 tardes e 2 noites, con dous días de descanso.
- Horarios: 06:00-14:00, 14:00-22:00 e 22:00-06:00 h.
- Salario segundo convenio de CEE, aproximadamente 20.000 € anuais, máis complementos.
- Valóranse coñecementos de idiomas, especialmente inglés.
- Requírese manexo ofimático, traballo con dobre pantalla, atención telefónica e capacidade para realizar varias tarefas simultaneamente.
Limpiador/a de oficinas – Negreira (223393)
- Horario: de luns a venres, de 17:30 a 19:30 h.
- Contrato de interinidade.
- Incorporación: 1 de setembro de 2026.
Limpiador/a – Santiago de Compostela (222201)
- Localización: Ensanche.
- Contrato estable.
- Horario: de luns a sábado, de 09:00 a 10:20 h.
- Incorporación: a partir do 30 de agosto.
- Posibilidade de ampliar o número de horas.
Persoal de limpeza – Santiago e arredores (223750)
- Centro de traballo: área de servizo en Teo.
- Xornada: 19 horas semanais.
- Quendas rotatorias: de 09:00 a 12:00 h ou de 15:30 a 19:30 h.
- Funcións: limpeza de zonas comúns e baños e carga do lavalouzas.
- Salario: 700 € brutos/mes.
- Incorporación inmediata.
Xestor/a de clientes (H/M/D) – Santiago (223743)
- Incorporación inmediata.
- Contrato de substitución por IT, con posibilidade de estabilidade.
- Horario: de luns a xoves, de 08:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:00 h; venres de 08:00 a 15:00 h.
- Posto de traballo en oficina.
- Requírese carné B; valórase dispoñer de vehículo propio.
- Coñecementos de SAP.
Operario/a de limpeza – especialista en cristais – Oroso (223643)
- Contrato de 1 ano.
- Xornada: 30 horas semanais.
- Horario de tarde, con flexibilidade a partir das 15:00 h.
- Incorporación: 1 de setembro de 2026.
- Requírese carné de conducir e vehículo propio.
- Centros de traballo: dous centros educativos do Concello de Oroso.
- Funcións: limpeza de cristais e limpeza xeral de aulas, zonas comúns, aseos e outras dependencias.
- Salario segundo convenio.
Outras ofertas en Santiago e contorna
- Operario/a de manipulado – Padrón (221500).
- Persoal de limpeza hospitalaria – Santiago de Compostela (222274).
- Operario/a de lavandería industrial – Santiago (221547).
Xestor/a de pedidos – Cambados (223543)
- Postos: 2.
- Localización: Porto-centro de Cambados.
- 1º posto: xestor/a de pedidos administrativo/a de almacén.
- Horario: de luns a venres, de 13:00 a 21:00 h.
- Un sábado ao mes, con quenda de mañá ou tarde en teletraballo.
- 2º posto: xestor/a de pedidos-administrativo/a comercial.
- Horario: de luns a venres, de 06:30 a 14:30 h.
- Non realiza rotación dos sábados.
- Requírese experiencia administrativa e/ou loxística.
- Coñecementos de Excel avanzado, bases de datos, albarás e facturas.
- Capacidade para a atención telefónica, recepción e traballo multitarefa.
- Salario: 17.500 € brutos anuais, con subidas salariais anuais.
- Importante: non se aceptan candidaturas de persoas que residan a máis de 20 km.
- Posto accesible para cadeira de rodas.
Persoal de limpeza – O Grove (223614)
- Limpeza de edificios municipais e San Vicente do Mar.
- Contrato de interinidade por vacacións.
- Incorporación aproximada: 1 de setembro, ata mediados de outubro.
- Horarios variables de mañá e/ou tarde, de luns a venres.
- Requírese vehículo propio ou medio de transporte para desprazarse a San Vicente do Mar.
- Requírese capacidade física media para transportar un cubo de auga e realizar desprazamentos a pé.
- Salario aproximado: 1.100 € brutos en 14 pagas por 30 horas semanais.
Auxiliar de conserveira – Barbanza (223487)
- Xornada completa.
- Incorporación inmediata.
- Salario: 1.424 € brutos/mes.
- Ribeira: horario de 07:00 a 15:00 h, sen manipulación de pesos.
- Boiro: quenda intensiva de mañá ou tarde, con selección e clasificación de marisco.
- Muros: quendas intensivas de mañá e tarde, alternando semanalmente; traballo unha fin de semana si e outra non, con descanso os venres.
- Rianxo: horario de 08:00 a 16:00 h.
Limpiador/a – Zona Barbanza (222487)
- Localización: Rianxo.
- Limpeza de oficinas, vestiarios e corredores.
- Horario: de luns a venres, de 08:00 a 16:00 h.
- Salario: 1.424 € brutos/mes.
- Traballo estable.
- Incorporación inmediata.
- Uso de fregadora industrial.
📌 COMO INSCRIBIRSE
As persoas interesadas poden consultar e inscribirse nas ofertas a través de Portalento:
Portalento – Ofertas de emprego
As persoas que non estean rexistradas en Portalento poden solicitar información e anotarse nas ofertas no teléfono 981 55 44 83.
Requisitos imprescindibles para participar:
- Dispoñer do DARDE e estar inscrito/a como demandante de emprego na oficina de emprego.
- Estar inscrito/a en Portalento como candidato/a.




Comments