Skip to main content

Convocatoria para a selección dun/dunha profesor/a de gaita para a Escola Municipal de Música da Pontenova

O Concello da Pontenova convoca un proceso selectivo para a contratación temporal a tempo parcial dun/dunha profesor/a de gaita para a súa Escola Municipal de Música.

Praza:

  • 1 posto de profesor/a de gaita.
  • Contrato laboral temporal a tempo parcial.
  • Modalidade: contrato de substitución por vacante, durante o proceso de selección para a cobertura definitiva do posto.
  • Destino: Escola Municipal de Música do Concello da Pontenova.

Requisitos:

  • Os establecidos nas bases da convocatoria.
  • As bases están dispoñibles nas oficinas municipais e na sede electrónica do Concello da Pontenova.

Prazo de presentación:

  • 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Lugar e forma de presentación:

  • No Rexistro do Concello da Pontenova, de luns a venres, de 9:00 a 15:00 horas.
  • Tamén poderá presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Se a solicitude se presenta fóra do Rexistro do Concello, deberá comunicarse para axilizar os trámites ao correo electrónico correo.apontenova@fegamp.gal, indicando que se presentou a solicitude e achegando o selo de Correos ou do rexistro correspondente.

Máis información e bases:
Sede electrónica do Concello da Pontenova

 

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments