Skip to main content
Xuventude Crea

Xuventude Crea - Certame 2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, convoca anualmente o programa Xuventude Crea, un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación.

Xuventude Crea pretende actuar como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas da mocidade galega, un escaparate no que o público poida coñecer estes novos talentos e as súas obras nun amplo abano de especialidades artísticas, e tamén ofrecerlles a oportunidade de dar a coñecer o que fan, actuar como a canle de divulgación das inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega, e fomentar entre os mozos/as actividades de ocio e tempo libre saudable.

O programa Xuventude Crea é un programa moi consolidado e reputado no eido cultural e artístico galego no que xa participaron preto de 6.000 mozos e mozas, con 4.000 obras e proxectos creativos e no que se repartiron preto de 700 premios por un importe total superior ao millón de euros e 89 mencións de honra.

edición 2026 reforza o carácter transversal da iniciativa mediante a colaboración con distintos departamentos da Xunta. Entre as medidas máis destacadas figura a consolidación da participación da mocidade galega residente no exterior, grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, favorecendo a conexión das novas xeracións da diáspora coa cultura galega. As persoas finalistas procedentes do exterior contarán con apoio para asistir ás fases finais do certame.

Máis información

Comments