Skip to main content
material escolar

Subvencións para libros e material didáctico para niveis infantís: 4º, 5º e 6ª de Educación Infantil no Concello de Arteixo

Constitúe o obxecto destas bases a fixación dun procedemento para a concesión de axudas económicas para a adquisición de libros e material didáctico para o alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil dos centros educativos sostidos con fondos públicos e que estean empadroados e residan durante o curso escolar no Concello de Arteixo.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes vai do 9 ó 30 de setembro de 2026.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/01/2026_0000005644.html

Comments