Skip to main content
actividade medioambiental

Subvencións para actividades de cultura, deporte e medioambientais no Concello de Carral

O obxecto desta convocatoria é a promoción e impulso de actividades culturais e as festas parroquiais, coa finalidade, no ámbito cultural, de fomentar un uso activo e creativo do lecer, contribuír á conciliación da vida familiar, fomentar as tradicións e o patrimonio cultural local, promover a difusión e a posta en valor de todas as manifestacións da cultura popular galega. No ámbito do medio ambiente o obxecto é a protección, concienciación e divulgación ambiental a través do fomento da participación no medio ambiente, colaborar con actividades medioambientais no ámbito educativo, fomentar a participación da mocidade na dinámica medioambiental, fomentar a reforestación con árbores autóctonas e o coidado e mantemento dos terreos cedidos en custodia polo Concello de Carral. E no ámbito deportivo e físico, o obxectivo é o fomento e a promoción do deporte e a actividade física, en especial no deporte en idade escolar e no ámbito feminino.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo para a solicitude será dun mes contado desde o día seguinte á publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal no día da publicación do extracto. Se o último día fora inhábil, entenderase prorrogado o primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao comezo do computo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/01/2026_0000005648.html

Comments