Skip to main content

Bolsa de emprego de fontanería e instalacións de augas no Concello de Vimianzo

Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino para funcións de fontanería e mantemento de instalacións de auga (agrupación profesional persoal funcionario), por oposición libre.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes de participación no proceso selectivo no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, de conformidade co establecido na base cuarta da convocatoria.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/01/2026_0000005646.html

Comments