Skip to main content
festa popular

Subvencións para festas populares no Concello de Carballo

Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas Comisións de Festas do municipio de Carballo vinculadas a un territorio concreto para a realización de festas populares, tradicionais e/ou patronais de arraigo cultural, ou gastronómicas xa consolidadas no municipio de Carballo, durante o ano 2026 (ata o 31 de outubro) e aquelas que se realizaron con posterioridade ao 31 de outubro de 2025, data na que rematou o prazo de solicitude da convocatoria anterior, e teñan presentado por rexistro de entrada do Concello de Carballo a declaración responsable da dita festa.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de solicitude comeza ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOP, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións e remata o 3 de novembro de 2026.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/03/2026_0000005704.html

Comments