Subvencións para Asociacións veciñais no Concello de Arteixo
O obxecto é establecer a concesión, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, axudas económicas ás Asociacións de Vecinos constituídas como tales, e con ámbito de actuación no Concello de Arteixo, co fin de colaborar co tecido asociativo municipal para o fomento de participación da cidadanía para o desenvolvemento de actividades de lecer e programas de participación e dinamización de interese xeral para a veciñanza.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de solicitudes será de 15 días, desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia a través da BNDS.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/04/2026_0000005730.html




Comments