Skip to main content
auditorio

Subvencións para empresas que realicen actividades socioculturais no Auditorio no Concello de Vigo

O obxecto das presentes bases é a regulación da concesión, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, de axudas económicas destinadas á programación e organización de actividades socioculturais nos espazos do Auditorio-Pazo de Congresos Mar de Vigo: de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LXG), na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), así como no R.D. 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003 (RLXS), as bases de execución do orzamento municipal vixente e as restantes normas de dereito administrativo e privado aplicables. A presente convocatoria está incluída no Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Vigo para o período 2024-2026, aprobado na Xunta de Goberno Local de data 8 de marzo de 2024 (en cumprimento do artigo 8.1. da LXS).

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo para a presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, e que será comunicado desde a BDNS que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións, nos termos do artigo 30 da LPAC.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/10/2026066684

Comments