Praza de xefe de seguridade no Concello de Vigo
É obxecto da presente convocatoria a provisión dun posto de traballo vacante e dotado economicamente nos orzamentos deste Concello, reservado a persoal funcionario de carreira do subgrupo A1 mediante o procedemento de concurso específico.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
Os funcionarios/as de carreira que desexen participar nesta convocatoria presentarán por medios electrónicos a instancia en modelo facilitado polo Concello e na páxina web do Concello no rexistro electrónico xeral do Concello durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/11/2026067069




Comments