Skip to main content
permiso de conducir

Axudas económicas para mozos que saquen o carné de conducir no Concello de Lalín

O obxecto da presente Convocatoria é a regulación, mediante concesión directa, de axudas económicas para a mocidade lalinense, dirixidas a sufragar parte dos gastos derivados da obtención de calquera tipo de Permiso de Conducir.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do extracto das presentes bases no BOPPO. A estes efectos, entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non existise día equivalente, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/11/2026066992

Comments