Subvencións para o programa Máis Cultura no Concello de Poio
Estas bases teñen por obxecto aprobar a convocatoria 2026 do Programa “MáisCultura” de fomento da cultura popular galega coa participación dos grupos locais acollidos a este programa nas festas patronais ou outras actividades culturais realizadas no termo municipal, asi como regular os criterios de concesión das solicitudes de actuación de grupos a cargo ao programa que se desenvolverán na localidade de Poio.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
As solicitudes deberán presentarse cunha antelación mínima de 20 días naturais con respecto á data de realización da actuación. As solicitudes presentadas con posterioridade ao prazo mínimo de 20 días naturais previsto no punto anterior serán denegadas.
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/14/2026067213




Comments