Skip to main content

Praza de peón forestal no Concello de A Baña

É obxecto das presentes bases a contratación dun/ha traballador/a como PEÓN/A FORESTAL grupo de cotización 10 en réxime laboral temporal vinculado a programas de políticas activas de emprego (código de contrato 405), por un período de 9 meses, para desenvolver o servizo denominado “LABORES DE PREVENCIÓN FORESTAL NA LIMPEZA DE MONTES E CAMIÑOS DO CONCELLO DA BAÑA”, a cargo da subvención para o Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As persoas aspirantes presentarán a documentación acreditativa de méritos xunto co Anexo II (Obrigatorio) mediante orixinais ou copias compulsadas no rexistro do Concello de A Baña (en horario de 9:00h a 14:00h) dende o día seguinte á data de publicación da lista de persoas candidatas preseleccionadas pola oficina pública de emprego no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de A Baña e ata o día 14 de setembro de 2026, inclusive.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/16/2026_0000005973.html

Comments