Skip to main content

Praza de área de planificación e xestión tecnolóxica no Concello de Santiago de Compostela

Estas bases teñen por obxecto rexer a convocatoria para prover, polo sistema de libre designación, o posto de Dirección de Área de Planificación e Xestión Tecnolóxica do Concello de Santiago de Compostela, de acordo co establecido no artigo 13 do texto refundido da Lei do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro polo que se aproba o Estatuto básico do empregado público; nos artigos 33 e 34 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e ao abeiro do previsto no artigo 130 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As solicitudes presentaranse dentro do prazo de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/24/2026_0000006143.html

Comments