Praza de técnico de orientación laboral no Concello de Salceda de Caselas
Tramitado expediente para a selección dunha persoa técnica para a realización de actividades de orientación laboral, ao abeiro da Orde da Consellería de Promoción do Emprego, Comercio e Emigración do 11 de mazo de 2026 (DOG. Núm. 57, do 26 de marzo de 2026), o prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio.
Na sede electrónica deste Concello (salcedadecaselas.sedelectronica.gal/board//) aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica do Concello.
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/24/2026069234




Comments