Praza de peón de obras públicas no Concello de Paderne
Ábrese o procedemento público para a contratación laboral temporal dun peón de obras públicas, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026, por un período de nove meses, e aprobar as bases para a realización do correspondente concurso-oposición.
As bases están a disposición dos/as interesados/as no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello https://sede.concellodepaderne.es/gl/.
É requisito ser desempregado/a inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía xuvenil remitido polo Servizo Público de Emprego de Galicia segundo a correspondente Oferta de Emprego presentada na Oficina de emprego de Betanzos.
O prazo de presentación de instancias será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte á data de publicación do presente anuncio no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/25/2026_0000006169.html




Comments