Skip to main content

Praza de encargado de brigada civil no Concello de Rois

É obxecto da presente convocatoria a provisión da praza de encargado da brigada municipal de operarios do Concello de Rois, mediante contrato laboral de interinidade ata que se cubra en propiedade, ao abeiro do establecido na Disposición adicional cuarta do Real Decreto-Lei 32/2021, do 28 de decembro.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As solicitudes dirixiranse ao alcalde-presidente da corporación municipal e presentaranse no rexistro xeral do Concello, no prazo de dez naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no BOP. Para ser admitidas nas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate o prazo de presentación.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/25/2026_0000006172.html

Comments