
Nos non calamos. Radio Castro
A radio non é só un medio de comunicación, senón que constitúe unha ferramenta poderosa para a educación e a inclusión. Conseguir que o estudantado acceda á información inflúe de xeito significativo na igualdade de oportunidades, xa que só así, coñecendo as opcións, poderá tomar decisións que afectarán dalgunha maneira ao seu futuro.
Ademais constitúe un recurso pedagóxico, unha vez que estimula a imaxinación, fomenta a aprendizaxe activa e promove a diversidade cultural.
Por todo isto, a Biblioteca e o Equipo de Correspondentes Xuvenís traballaron para que no IES Castro Alobre a radio estea presente e aproveitaron o “Día Internacional da Radio” para inagurar a súa: NON CALAMOS. RADIO CASTRO cunha entrevista ao xornalista Carlos Crespo realizada por Alexandra, Lián, Lúa, Paula e Roi.
Estade atentos/as porque nestes días publicarase o primeiro podcast e poderedes escoitar todas as recomendacións que nos dá Carlos Crespo.
Comments