Skip to main content

Prazas no Instituto Nacional de Xestión Sanitaria

O Instituto Nacional de Xestión Sanitaria convoca varios procesos selectivos, por concurso-oposición, polo sistema xeral de acceso libre, para acceso á condición de persoal estatutario fixo nas seguintes prazas:

- 2 prazas de acceso libre na categoría de Titulado/a Administrativo/a Administración Sanitaria. Titulación requirida: título de Bacharel ou Formación Profesional de Grao Superior, ou equivalente. 

INFORMACIÓN  
 
- 41 prazas de acceso libre na categoría de Técnico/a Medio Sanitario en Coidados Auxiliares de Enfermería, 5 das cales reservadas para a quenda de discapacidade. Titulación requirida: título de Técnico de Grao Medio en Coidados Auxiliares de Enfermería ou equivalente.

INFORMACIÓN  

- 31 prazas de acceso libre na categoría de Grupo Auxiliar Función Administrativa, 4 das cales reservadas para a quenda de discapacidade. Titulación requirida: título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de Grao Medio, ou equivalente.

INFORMACIÓN  

- 2 prazas de acceso libre na categoría de Pinche. Titulación requirida: Certificado de Escolaridade ou equivalente.

INFORMACIÓN  

                                                                    

Comments