
Punto de información Xuvenil no IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela
Visita de Fernando Rodríguez, dinamizador da Rede Galega da Dirección Xeral de Xuventude, ao IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela que preparou e organizou un PIX (Punto de Información Xuvenil). Exitazo coa activación do Carné Xove. O equipo de Correspondentes Xuveís do IES Antón Fraguas quere agradecerlle o seu apoio, a súa enerxía e colaboración.
Avisan de que están a argallar algo para o Entroido. Atentos e atentas!
Comments