Skip to main content

Dúas prazas de auxiliar administrativo no Concello de A Laracha

As presentes bases teñen por obxecto a regulación da convocatoria e do proceso selectivo a través do procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade de 2 prazas de funcionario/a de carreira Auxiliar Administrativo/a, correspondente ao Grupo C, Subgrupo C2, nivel 16 de CD, encadradas na escala de administración xeral, subescala auxiliar incluídas na oferta de emprego público do ano 2026 do Concello da Laracha (código RPT 01.01.00.01 e 01.02.00.02), publicada no BOP de A Coruña núm. 115 do 19.06.2026.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas na web do Concello.

As solicitudes, ás que se achegará a documentación que se indica nesta base e nas que se declarará o cumprimento das condicións de participación esixidas, serán dirixidas ao Concello da Laracha e presentaranse preferentemente na sede electrónica do Concello da Laracha (https://sede.alaracha.gal) durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), atendendo ao modelo que se adxunta ás presentes bases como Anexo I.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/14/2026_0000006491.html

Comments