Skip to main content
celga4

Convócase a proba en liña para obter o certificado Celga 4 en 2026

A Secretaría Xeral da Lingua convoca unha nova proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega Celga 4, correspondente ao procedemento PL500G.

  • Persoas destinatarias: maiores de 18 anos ou que os cumpran antes da data da proba.

  • Prazas dispoñibles: 200.

  • Data da proba: 27 de novembro de 2026.

  • Prazo de solicitude: 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

  • Taxa de exame: 16,92 euros. As persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % estarán exentas do pagamento, logo de acreditalo.

Como presentar a solicitude?

É obrigatorio realizar dúas inscricións electrónicas dentro do prazo establecido:

  1. A través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o formulario normalizado do procedemento PL500G.

  2. Na plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, onde se seleccionará a proba e se formalizará a inscrición.

Para realizar o exame será necesario dispoñer dun ordenador con conexión a internet, cámara web, micrófono e altofalantes, así como dun teléfono móbil con conexión a internet e cámara.

Selección das persoas participantes

Se o número de solicitudes supera as 200 prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público o 4 de novembro de 2026, ás 11.00 horas, na sede da Secretaría Xeral da Lingua, en Santiago de Compostela. Publicaranse as listaxes de persoas seleccionadas e de agarda en lingua.gal.

As persoas seleccionadas disporán de cinco días naturais, desde o día seguinte á publicación das listaxes, para pagar a taxa e presentar o xustificante correspondente.

Máis información: Sede electrónica da Xunta de Galicia e Secretaría Xeral da Lingua.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261015/AnuncioG0766-081026-…

Comments