Skip to main content
codigoaberto

Vitae Consultores organiza en novembro un curso sobre MCP e Skills profesionais e avanzadas

Vitae Consultores organiza o Curso MCP e Skills Profesionais e Avanzadas, unha formación de 6 horas de duración que se desenvolverá entre o 10 e o 16 de novembro de 2026 e que permitirá afondar nas posibilidades de integración e desenvolvemento de solucións baseadas en intelixencia artificial.

Obxectivo da formación

O curso ofrece unha introdución práctica a Model Context Protocol (MCP), un estándar aberto que permite conectar modelos de linguaxe con ferramentas, aplicacións e fontes de datos externas, así como ao desenvolvemento de Skills, comportamentos reutilizables que permiten adaptar e optimizar o traballo dos axentes de intelixencia artificial.

Contidos principais

  • Fundamentos e arquitectura de Model Context Protocol (MCP).

  • Conexión de modelos de linguaxe con datos, ferramentas e servizos externos.

  • Creación, configuración e proba dun servidor MCP funcional.

  • Estrutura, funcionamento e mecanismos de activación dos Skills.

  • Diferenzas entre MCP, Tools e Skills e criterios para seleccionar a opción máis axeitada en cada caso.

Persoas destinatarias

A formación está dirixida a desenvolvedores e profesionais de contornas técnicas, así como a persoas usuarias de modelos de linguaxe (LLM) que queiran avanzar cara á creación de ferramentas e integracións reutilizables en diferentes sistemas operativos, plataformas e contornas de traballo.

Modalidade

O curso impartirase en formato de aula virtual, con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.

Máis información e inscricións:

Curso MCP e Skills Profesionais e Avanzadas – Vitae Consultores

Comments