O Concello de Vilalba convoca unha praza de axente de igualdade
O Concello de Vilalba convoca un proceso selectivo para cubrir unha praza de axente de igualdade, como persoal funcionario interino, mediante o sistema de concurso-oposición libre.
Características da praza:
-
Posto: axente de igualdade.
-
Grupo: C1.
-
Duración: 5 meses, a xornada completa, con data límite do 31 de marzo de 2027.
-
Retribucións mensuais: 1.990 € brutos aproximadamente, correspondentes ao soldo e aos complementos indicados nas bases.
Requisitos principais:
-
Ter a nacionalidade esixida para acceder ao emprego público e cumprir os requisitos xerais establecidos na convocatoria.
-
Estar en posesión do título de técnico/a superior en Promoción de Igualdade de Xénero ou dunha titulación universitaria admitida nas bases, da área de ciencias sociais e xurídicas.
-
Contar con formación especializada en igualdade de xénero ou violencia de xénero de, polo menos, 200 horas, agás as persoas que posúan o título de técnico/a superior en Promoción de Igualdade de Xénero.
-
Acreditar o nivel CELGA 4 de lingua galega ou equivalente. De non facelo, será necesario superar unha proba de coñecemento.
Proceso selectivo:
-
Fase de concurso: valoración de méritos, cun máximo de 10 puntos.
-
Fase de oposición: proba tipo test de 25 preguntas, cunha puntuación máxima de 20 puntos. Será necesario obter polo menos 10 puntos para superala.
-
As persoas que non acrediten o CELGA 4 deberán realizar unha proba de lingua galega.
Presentación de solicitudes:
-
Prazo: 7 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
-
Lugar: Rexistro Xeral Electrónico do Concello de Vilalba ou polos medios previstos na Lei 39/2015.
-
Documentación: solicitude segundo o modelo oficial, copia do DNI ou pasaporte, titulación esixida e documentación acreditativa dos méritos alegados.
As bases completas, o modelo de solicitude e a información sobre o desenvolvemento do proceso poden consultarse na sede electrónica do Concello de Vilalba.
Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Lugo, núm. 237, do 16 de outubro de 2026.
https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…




Comments