Skip to main content
scole tempo libre

Curso intensivo en Mesía de Director/a de tempo libre da ETL Scolé

Scolé Escola de Tempo Libre organiza un curso intensivo de Director/a de tempo libre
Datas:  do 11 ao 21 de abril de 2025
Formación telemática: Desde o 22 de abril ata o 2 de maio, sen horarios. Presentación de proxectos (videoconferencia) o 3 de maio ás 10 h.
Lugar:  Boado, Mesía (A Coruña)

O curso oficial de Director/a de Actividades de Tempo libre vai dirixido a Monitores/as tituladas, que desexen ampliar a súa formación e empregabilidade no ámbito da educación non formal.

Prezo:
Con aloxamento e pensión completa: 500 €*
Con aloxamento e pensión completa e vou con alguén: 450 €*
Só curso: 275 €*
* Opcións de pago fraccionado ata en 3 cuotas antes do remate do curso

As directoras/es desenvolven a súa actividade profesional no ámbito público e privado, nas áreas de organización, animación e dinamización das actividades de tempo libre educativo infantil, xuvenil, adulto e terceira idade. Poderán desenvolver a súa competencia en calquera organización que contemple a realización de programas de dinamización de tempo libre no marco dun proxecto educativo.

Máis información:
escoladetempolibre@avada.gal
www.avada.gal 
Instragram/Facebook: avada.gal

Comments