Skip to main content
RAPAZAS TIC

Día das Rapazas nas TIC

O Día Internacional das Rapazas nas TIC festexarase o 24 de abril e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) celébrao cunha variada oferta de actividades dirixidas a estudantes de primaria e ESO.

Nesta XIII edición o CESGA propón para a mañá do 24 de abril un coloquio mediante multiconferencia web no que participarán 4 profesionais galegas que traballan acotío coas tecnoloxías, e que compartirán a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode achegar en diversos ámbitos para mellorar a nosa vida. Dende os centros escolares de primaria e secundaria, as rapazas e rapaces poderán enviar as súas preguntas e inquedanzas en directo para manter un diálogo directo con elas.

E as relatoras do coloquio deste XIII Día das Rapazas nas TIC 2025 do CESGA serán:
- Marta Losada Estévez, graduada en Física pola USC
- Yolanda Blanco Fernández, doutora en Enxeñería de Telecomunicación e profesora titular no Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo (UVigo)
- Nadezhda Lucía Techera Salvador, estudante do grao en Enxeñería Aeroespacial na UVigo e forma parte do departamento de Aerodinámica na asociación UVigo Motorsport
- Alejandra Lugilde (Simbeli en RRSS), é enxeñeira informática de 29 anos especializada en Intelixencia Artificial, graduada pola Universidade Politécnica de Madrid

Para inscribir a calquera centro/aula de primaria ou secundaria neste coloquio, cómpre cumprimentar o formulario habilitado na web do CESGA: 
https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/#anchor 

Comments