
Premio Compostela para álbums ilustrados
O Concello de Santiago e a editorial Kalandraka convoca o XVIII premio internacional Compostela para álbums ilustrados destinados ao público infantil e xuvenil.
Poderán optar ao premio todas as obras que se poidan incluír na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato se conta a través de imaxes, ou de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.
As obras poden presentarse en calquera das linguas oficiais peninsulares e serán orixinais e inéditas.
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non poderá superarar as 40 páxinas interiores.
Os/as autores/as que opten ao premio deberán presentar:
- Cinco copias do texto.
- Tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas. No caso de utilizarse técnica dixital, admitiranse impresións da obra en alta resolución.
- Unha maqueta acabada do proxecto que se presenta: unha versión impresa con deseño, texto e ilustracións, o máis semellante posible ao que será o libro acabado.
Nas obras non deberá figurar o nome dos/as autores/as senón un lema ou pseudónimo. Os datos persoais dos e das participantes achegaranse nun sobre pechado indicando no exterior o título da obra e o lema ou pseudónimo,e no seu interior, o nome ou nomes completos, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo electrónico. Dentro do sobre tamén se incluirán unha fotocopia do DNI ou pasaporte así como unha breve recensión biográfica.
O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 16 de maio de 2025.
O premio é de 9.000 € e a publicación da obra en tódalas linguas peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués-.
Máis información en www.kalandraka.com e no BOP da Coruña do 21 de marzo de 2025
Comments