Skip to main content
aventeira

Curso na Coruña de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Aventeira

A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, comunicación non violenta, participación e orientación laboral no tempo libre.

Datas: 
Parte online: do 7 de maio ao 2 de xuño. 35 horas
Parte presencial: do 6 -14, 17-22 e do 25-26 de xuño. 165 horas

Horario: 
Parte presencial: de 9:00-14:00 e de 15:30-20:30.
Parte online: horario flexible, auto-organización por parte do alumno ou alumna.

Lugar: O espazo principal de realización do curso será no seu local, sita no CC O Ventorrillo, planta 1, local 3, na cidade da Coruña (agás algunhas actividades que terán lugar no exterior, na zona da Coruña e nos seus arredores, e unha actividade de campismo).

Duración: 200 horas da fase teórico-práctica (180 horas presenciais e 20 online) e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Teléfonos: 722 349 497
Correo electrónico: escola@aventeira.com

Prezo e prazo de inscrición: O prezo total do curso son 320 € que se pode fraccionar facendo un 50% do pago na inscrición e o 50% restante na confirmación do curso.

A data límite para a inscrición é o 27 de abril (Inclusive)

Formulario de inscrición e máis información: https://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/matl/

Comments