
Intercambio xuvenil en Ferreira do Alentejo
O Concello de Ribadavia busca 6 participantes, 5 persoas mozas (18-30 anos) e 1 líder de grupo (sen límite de idade) para un intercambio xuvenil que leva o nome EU.YOU.GO IV
Proxecto financiado polo programa Erasmus+ en Ferreira do Alentejo (Portugal) do 21 de xullo ao 1 de agosto de 2025
Mozos e mozas de diferentes países europeos reuniranse en Ferreira do Alentejo para participar na cuarta edición de EU.YOU.GO, un intercambio xuvenil financiado polo programa Erasmus+ e organizado pola Associação Check-in e os seus socios internacionais.
APV - (ADVANCED PREPARATORY VISIT)
Durante a APV, representantes de cada organización socia e os formadores da entidade Check-IN terán a oportunidade de pasar 2 días no lugar do proxecto e preparar con detalle todas as cuestións prácticas do programa de intercambio xuvenil. A APV terá lugar do 26 ao 28 de maio de 2025. Ao final da APV, os representantes dos países compartirán o programa, as tarefas e os próximos pasos co seu propio grupo de participantes de cada país.
YE (YOUTH EXCHANGE)
Durante o Intercambio Xuvenil, todos os “líderes de equipo” que participaron no APV e as 5 persoas seleccionadas de cada país que acompañarán aos “líderes de equipo” terán a oportunidade de traballar xuntos na temática do proxecto.
Este proxecto busca dar ás persoas participantes novos puntos de vista sobre os Obxectivos da Xuventude Europea, a través da arte, que máis tarde será visibilizada á comunidade local mediante a escultura, danza, teatro e música.
Haberá 5 países diferentes:
Hellenic Youth Participation (Grecia)
Associazione Agrado (Italia)
Society and Enterprise Development Institute VVPI (Lituania)
IAiRS (Polonia)
OMIX. Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia (España)
Máis información
Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia
Manuel Araujo Montero - Técnico de Xuventude do Concello de Ribadavia
607 577 037
omix.ribadavia@gmail.com
Comments