Skip to main content
BolsasSTARTUVIGO25UVIGO

Premios Santander X - Startup universitaria

 

Descrición    
O obxectivo do programa é recoñecer e potenciar ás mellores startups e spin offs universitarias de base tecnolóxica ou de coñecemento e que teñan unha solución innovadora e disruptiva en fase de aceleración.

A Universidade de Vigo concederá tres premios que consistirán:
-Nunha achega económica para o desenvolvemento da solución emprendedora de 4.000 € que será aboada á persoa solicitante. 
-Acceso directo ao premio nacional "Santander X Spain Award IStartup & Scaleup 2025".
-Difusión dos proxectos gañadores nas redes sociais e webs do Grupo Santander.

Requisitos:    
Para solicitar o premio é preciso cumprir os seguintes requisitos:
-Un membro do equipo debe estar matriculado ou recén titulado (cunha antigüidade máxima de cinco anos desde o momento da súa graduación) de grao, máster universitario ou doutoramento na Universidade de Vigo.
-O/a estudante ou recén titulado/a debe ter residencia legal en España.
-Tamén poderán formar parte do equipo persoas que teñan a condición de profesorado universitario, persoal investigador predoctoral ou posdoutoral, empregado/a ou persoal funcionario da Universidade de Vigo ou que teñan participado nalgún programa de emprendemento promovido pola Universidade de Vigo.

Requisitos:
Os proxectos emprendedores deberán cumprir polo menos un dos seguintes requisitos:
-Estar facturando.
-Ter un equipo formado por un mínimo de dúas persoas e contar cun máximo de vinte e cinco persoas con contrato a tempo completo.
-Contar cun capital semente ata un máximo 1.000.000€ levantado en roldas de investimento.

Documentación:    
O estudante ou recen titulado deberá :
1. Inscribirse na plataforma Santander X na convocatoria Modalidad B: Startup-SpinOff Universitaria
2. Presentar na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal ), a través da instancia xenérica (SXER), unha solicitude, poñendo no asunto “Premios SANTANDER X SPAIN AWARD 2025 – Startup Universitaria”.
Xunto coa solicitude deberá presentar:
A declaración responsable de cumprimento de requisitos do proxecto (Anexo II).
Datos da conta bancaria da persoa solicitante da que debe ser titular na que se ingresará a achega económica.
 
Observacións:    
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 22 de abril de 2025.

Organismo:
Universidade de Vigo

Enderezo formulario para solicitude online: 
https://app.santanderx.com/calls/santander-x-award-startup-universitaria-2025

Máis información:
bolsasformacion@uvigo.gal 
986814094

Comments