
Subvencións para actividades de artes escénicas e musicais
A Xunta de Galicia convoca subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.
Os festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais obxecto de subvención deben cumprir cos seguintes requisitos:
– Ter unha duración mínima de 2 días consecutivos e máxima de 6 días, dos cales 2 serán consecutivos.
– O orzamento destinado á contratación artística non superará o 50 % do orzamento do proxecto presentado e o importe por actuación non superará en ningún caso os 10.000 €.
– A programación contará, cando mínimo, cun 30 % do total das actuacións artísticas a cargo de grupos e/ou compañías galegas.
– O proxecto obxecto de subvención debe ter un carácter libre e gratuíto para o público asistente.
Serán subvencionables os proxectos que se desenvolvan no período que comprende desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de outubro de 2025.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de maio de 2025
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es/portada co procedemento CT215A
Máis información no DOG do 7 de abril de 2025
Comments