Skip to main content
dia europeo informacion xuvenil

17 de abril, Día europeo da Información Xuvenil

O 17 de abril celébrase unha nova edición do Día Europeo da Información Xuvenil. Con el preténdese mostrar en toda Europa a existencia dos servizos de información para a mocidade.

Desde o CIFP Portovello de Ourense, o equipo de Correspondentes Xuvenís, estudantes do ciclo de Animación Sociocultural e Turística, elaboraron unha campaña para conmemorar este día.

A campaña do Día Europeo da Información Xuvenil 2025 propón tres accións principais para reflexionar sobre o impacto da intelixencia artificial na vida da mocidade e promover un uso consciente, crítico e participativo desta tecnoloxía: 

“IA: parte boa, parte mala” analiza de forma visual os pros e contras dalgunhas das ferramentas de IA máis empregadas pola xente nova.

           parte boa   parte boa   parte boa 

           parte boa   parte boa   parte boa

#Domino_a_IA recolle experiencias sobre como a mocidade e o persoal técnico da información xuvenil utilizan a IA para mellorar o acceso á información, a creatividade ou a reflexión ética.

           domino    domino   domino 

           domino    domino    domino

Unha publicación especial do 17 de abril, #EYID25, reivindica o papel clave dos servizos de información xuvenil e a súa adaptación aos retos dixitais actuais.

           dia   dia   dia   

           dia   dia   dia

Como apoio, inclúen tamén o dossier "Preparados, listos, IA", un conxunto de ferramentas prácticas baseadas en intelixencia artificial que poden facilitar o traballo diario nos servizos de información xuvenil.

Estes materiais están pensados para ser utilizados, adaptados e compartidos libremente, respectando sempre o espírito da campaña e o enfoque centrado nas persoas.

 

Comments