Skip to main content
otero baena

II Certame de pintura “Otero Baena” para artistas noveis

O Concello de Bueu convoca o II Certame de pintura “Otero Baena” para artistas noveis.

- O certame vai dirixido a todos/as aqueles/as artistas noveis, maiores de 18 anos, cuxa obra presentada terá que ser inédita e orixinal. Polo tanto, non se admitirán as xa expostas noutros concursos ou certames, individuais ou colectivos, nin as reproducións ou retoques doutras obras xa coñecidas. De ser o caso, a obra quedará automaticamente excluída do certame.
- A temática será de libre elección e admitirase calquera técnica de pintura.
- O formato será libre, cunha medida máxima do soporte de 1 m de ancho por 1 m de alto.
- Poderán presentar os seus traballos as persoas de forma individual ou colectiva.
- Aceptarase un só traballo por autor/a ou colectivo.

O premio terá unha dotación de 1.500 €
O prazo de presentación dos orixinais estará aberto ata o 30 de maio de 2025.

Máis información no BOP de Pontevedra do 11 de abril de 2025 e en www.concellodebueu.gal

Comments