Skip to main content
ALBARIÑO

Cartel anunciador da Festa do Albariño

O Concello de Cambados convoca un concurso para a elección do cartel anunciador da Festa do Albariño 2025

O prazo de presentación dos traballos é ata as 14:00 horas do día 30 de maio de 2025

- Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, que deberán ser orixinais e inéditas e os concursantes se responsabilizan totalmente de que non existen dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como renuncia a toda reclamación pordereitos de imaxe.
- Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
- Non se aceptarán traballos realizados a través de Intelixencia Artificial (IA)
- A temática, aínda que libre, debe reflectir o que simboliza a Festa do Albariño para Cambados. Valorarase positivamente a creatividade, a orixinalidade e a inclusión de expoñentes da cultura e do patrimonio relacionado co viño e a vila.
- Deixarase unha franxa na parte inferior do cartel suficiente para poder engadir os logotipos dos organizadores e colaboradores.

O texto incluído no cartel deberá ser:
LXXIII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO
CAMBADOS, do 30 de xullo ao 3 de Agosto de 2025
Declarada de Interese Turístico Internacional
www.cambados.gal

As obras deberán ser presentadas a través das seguintes vías, elixindo unha delas:

1. A través da sede electrónica do Concello de Cambados por instancia xeral (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0)
Aportaránse dous arquivos:
Arquivo 1: Co nome do LEMA ou PSEUDÓNIMO, a proposta/s de cartel (ata dúas) en JPEG, 300 ppp de resolución, entre 1 e 20 MB de tamaño.
Arquivo 2: Co nome DOCUMENTACIÓN
- Nome e apelidos do autor.
- Fotocopia do DNI.
- Dirección, teléfonos de contacto e correo electrónico.
- Ficha de inscrición (Anexo ás presentes Bases).

2. A través do rexistro de entrada do Concello de Cambados, cubrindo a intancia xeral, nun sobre pechado co LEMA ou PSEUDÓNIMO, e no interior:
- Un CD ou PEN DRIVE, co LEMA ou PSEUDÓNIMO, coa proposta/s de cartel (ata dúas) en JPEG, 300 ppp de resolución, entre 1 e 20 MB de tamaño.
- Un sobre pechado co LEMA ou PSEUDÓNIMO:
Nome e apelidos do autor.
Fotocopia do DNI.
Dirección, teléfonos de contacto e correo electrónico.
Ficha de inscrición (Anexo nas bases).

O premio son 600 € e diploma.

Máis información no BOP de Pontevedra do 14 de abril de 2025

Comments