Skip to main content
teatro

Premio "Ricardo López Aranda" para texto teatrais

O Concello de Santander convoca a 15ª. edición do Premio "Ricardo López Aranda" de textos teatrais para autores novos.

O certame está destinado a textos teatrais orixinais, sen que se admitan traducións, adaptacións nin refundicións doutros textos literarios, cinematográfcos ou de televisión ou radio. A extensión das obras será libre.

O tema e a forma das obras serán tamén libres, aínda que se valorará especialmente o feito de ter condicións favorables para a súa representación.

Os orixinais presentaranse por correo electrónico, en arquivo adxunto de Word, que se enviará á seguinte dirección: lopezaranda@santander.es.

Os datos identificativos do autor (nome, apelidos, data de nacemento, domicilio actual, número de documento de identidade e números de teléfono), título da obra, así como a declaración xurada de cumprir os requisitos, irán contidos no correo, non no arquivo adxunto, que non deberá levar ningún aceno indicativo da identidade do autor.

As obras poderán enviarse ata as 24 horas do 30 de xuño de 2025.

Requisitos:
Este concurso está aberto a todos os escritores de lingua española que non cumprisen os 35 anos en data anterior ao 30 de xuño de 2025.

Dotación:
Un único premio de 4.000 euros e publicación da obra gañadora.

Máis información
 

 

Comments