Skip to main content
cruz vermella

Curso de Primeiros Auxilios Cruz Vermella Ourense

A formación, de 40 horas lectivas, terá lugar os sábados 26 de abril, 3, 10, 24 e 31 de maio, en horario de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00h, nas instalacións de Cruz Vermella en Ourense.

Obxectivos:

Con esta formación oficial de Cruz Vermella pretendemos capacitar ás persoas interesadas, a partir dos 16 anos, para a intervención nas situacións que requiran dos primeiros auxilios.

1. Capacitar ao alumnado no dominio práctico das técnicas e habilidades máis comúns en Primeiros Auxilios.
2. Coñecer os contidos teóricos que xustifican o emprego de dichas técnicas.
3. Concienciar ao alumnado da importancia, tanto das ferramentas técnicas de que se lles dota, como das actitudes cara ás vítimas dun accidente.

Criterios de avaliación:

Asistencia mínima ao 90% do curso, constatada nos Partes de Asistencia coa firma do alumnado.
A avaliación será mediante a superación dun exame cun 70% de preguntas acertadas (18 preguntas acertadas)

Prezo:  120€.

Máis información:
Email de contacto: saigro@cruzroja.es
Teléfono: 988 222 484
Centro da Cruz Vermella: Asemblea Local Ourense
Domicilio:  Rúa Díaz da banda, 40, Ourense


Inscrición e máis información

 

Comments