OURENSE
1. Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto (Entrimo)
2. Estación de montaña de Manzaneda (Manzaneda)
3. Albergue Equal (Coles)
4. Complexo O Corgo (Muíños)
5. Albergue municipal de Bande
6. Residencia de Tempo Libre de O Carballiño
7. Centro de Formación Valverde (Allariz)
8. Albergue Xuvenil de Abeleda (Xunqueira de Ambía)
9. Albergue Xuvenil Montañas de Trevinca (A Veiga)
10. Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense)
11. Colexio Guillelme Brown (O Pereiro de Aguiar)
1. ALBERGUE PENEDOS DE XACINTO (Entrimo)
Cabeza da Vella. 32860 Entrimo (Ourense).
Situado a 70 Km de Ourense, na estrada de Entrimo-Illa Olelas. A instalación atópase a 2 Km de Entrimo, no lugar coñecido como Cabeza da Vella.
T. 988 434 779
Campamento de montaña, con abundante arboredo, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 100 prazas en tendas de campaña.
A instalación dispón de pista polideportiva, salón de actividades, rocódromo, anfiteatro, alpendre cuberto e enfermería.
Acceso sen barreiras arquitectónicas. Exteriores e zonas comúns de fácil acceso.
TEATRO E AVENTURA NA NATUREZA
ACTIVIDADES
Teatro: dramatización, expresión corporal e desinhibición, obradoiros de formación (danzas do mundo, acrosport, contos ao revés), ensaios e propostas teatrais, técnicas de circo, caracterización, maxia, malabares e equilibrio; deportivas e de aventura: deportes acuáticos (xogos e dinámicas deportivas na piscina), deportes cooperativos (nos que se prima a colaboración sobre a competición), rocódromo e tirolina, orientación con xps, tiro con arco, xogos activos; outras: aula de natureza, piscina, festa final; saídas e excursión.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Teatro e aventura na natureza |
01-10/07 |
12-13-14-15-16 |
146,70 € |
320001 |
15-24/07 |
12-13-14-15-16 |
146,70 € |
320002 |
|
29/07-07/08 |
12-13-14-15-16 |
146,70 € |
320003 |
|
12-21/08 |
12-13-14-15-16 |
146,70 € |
320004 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
2. ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA (Manzaneda)
32780 A Pobra de Trives (Ourense)
Pódese chegar desde A Pobra de Trives (C-536), a 16 km da estación, ou desde a Vila de Manzaneda, a 10 Km. Desde os dous lugares accédese por estrada local de montaña.
Desde Ourense á Estación hai 90 Km. Existen medios de transporte público desde Ourense a Pobra de Trives, e de Trives á Estación en Taxi (16 Km).
En tren: a estación de Ourense está a 86 km de Manzaneda e a da Rúa a 40 Km.
T. 988 309 090
Situada na Serra de Queixa, en pleno Macizo Oriental Ourensá, goza da protección medioambiental europea que lle confire pertencer á Rede Natura, no medio dun bosque de 2.000 hectáreas onde podemos observar a vexetación (bidueiros, piñeiros, acivros, breixos, arandeiras, etc...) e a fauna autóctona (corzos, esquíos, varias especies de aves rapaces, etc...). Coa súa base a 1.500 metros de altitude e o seu cumio próximo aos 1.800 metros.
A instalación está adaptada para persoas con problemas de mobilidade.
MANZANEDA ALTA MONTAÑA
Multiaventura: parque multiaventura con tirolinas, rocódromo, puntería (xincana con arco, frechas, ventosas e balóns); taller de supervivencia, vivac cos elementos da natureza ao alcance, orientación, bicicleta, slackline, natación, carreira de obstáculos; tenis/picklebal; grandes xogos: Rommel e Montgomery, Misión Imposible e xogos predeportivos (goal-ball e kin-ball), scape room; educación medioambiental: coñecemento da contorna, telecadeira turística, visita ao punto máis alto de Manzaneda, punto xeodésico, sendeirismo; outras actividades: cabalos, obradoiro de camisetas, piscina, xincana na auga, e veladas.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Manzaneda Alta Montaña |
20-27/07 |
13-14-15-16 |
148 € |
320005 |
29/07-05 /08 |
13-14-15-16 |
148 € |
320006 |
|
07-14/08 |
13-14-15-16 |
148 € |
320007 |
|
16-23/08 |
10-11 |
148 € |
320008 |
|
25/08-01/09 |
10-11 |
148 € |
320009 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
3. ALBERGUE EQUAL (Coles)
A Barra s/n, 32152 Coles
A Barra, Concello de Coles. Estrada de Ourense - Santiago de Compostela (N-525), dirección A Peroxa, a 10 km de Ourense. Sinalización en Vilarchao, como Centro de Educación Ambiental. Desde a Nacional 525 tomar o desvío de A Peroxa. En Vilarchao seguir a sinalización “Centro Equal”.
Tel. 669 257 283
O albergue está en pleno contorno rural de interior, no concello de Coles. Está a 1 km da Ribeira Sacra desde o municipio da Peroxa e próximo aos Peares e aos Canóns do Sil.
Está equipado con calefacción, comedor, lavandería, parking de superficie, armarios e aula de obradoiros. Ten mesa de ping-pong e piscina exterior. Nas zonas comúns hai unha biblioteca/sala de lectura, barra libre de dispensación de café, té e infusións ecolóxicas, xardín e zona de sombra para actividades ou descanso no exterior e sala de usos múltiples adaptada.
Para a práctica deportiva, próxima á instalación, hai un centro hípico, embarcadoiro e polideportivo.
A instalación consta de 2 plantas. Se ben a planta baixa permite a accesibilidade para actividades de día, a planta superior non é accesible para cadeiras de rodas ou persoas con dificultades motrices severas, xa que o acceso aos dormitorios é a través da escaleira.
HÍPICA E TEATRO
ACTIVIDADES
Expresión corporal e teatro: danza moderna con realización de coreografías, teatro, elaboración de guións, sketches e improvisación; hípica: iniciación á equitación, coñecemento das partes que integran un hipódromo, necesidades de coidados dos cabalos e nocións de seguridade e hixiene; deportivas: xogos populares, xincanas, disfraces e grandes xogos; outras actividades: obradoiros de reciclaxe e natureza, excursión á aldea da Barra, piscina e veladas.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Hípica e Teatro |
05-12/07 |
14-15-16 |
148 € |
320010 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
4. COMPLEXO O CORGO (Muíños)
Complexo turístico-deportivo O Corgo
Praza de San Rosendo 1, 32880 Mugueimes (Ourense)
A-52 dirección Verín –A Gudiña, saída 129 , Estrada Nacional 525, na rotonda tomar a 2da saída na estrada Gudiña –Viana do Bolo OU 0908
T. 988 40 60 75
Este complexo está equipado cun comedor central, instalacións deportivas, zonas cubertas con pérgolas, para chuvia e sol. Ten praias fluviais con zonas verdes; duchas, campo de deportes con herba artificial; polideportivo cuberto, con alumeado; vestiarios e canchas deportivas; zonas de camiños e sendeiros e aparatos biosaudables. Dispón de zonas de lecer, de salas de ocio e obradoiros temáticos así como zonas de audiovisual. Hai vixiantes nas zonas de baños. Para a práctica deportiva, conta con barcos e piraguas.
Os exteriores do albergue están adaptados parcialmente. O interior da instalación ten rampla de acceso, baño adaptado e habitación con cama. O albergue só ten unha planta e non ten escaleiras.
MEGALÍTICO E ARQUEOLÓXICO
ACTIVIDADES
Arqueolóxicas e megalíticas: coñecemento do megalitismo con actividades diarias na Aula megalítica, excursións aos dolmens no Val do Salas, rutas de sendeirismo polo Val da Morte, visita ao campamento militar romano Aquis Querquenis, visita aos miliarios para coñecemento da súa historia e funcionalidade; cultura popular: xogos tradicionais, interacción cos veciños do concello escoitando as súas historias e aprender a facer pan en forno tradicional; medioambientais: visita a Salgueiro para avistar aguias reais que sobrevoan a comarca da Baixa Limia; aventura: xogos de resistencia e habilidade no circuíto Gladiator Race e Olimpíadas entre os restos arqueolóxicos do Aquis Querquennis; outras actividades: piragüismo e piscina.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Megalítico e arqueolóxico |
01-09/08 |
10-11-12 |
166,50 € |
320011 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
5. ALBERGUE MUNICIPAL DE BANDE (Bande)
Rúa Xoaquín Lorenzo s/n, 32840, Bande (Ourense)
Pola autovía AG-31 ata Celanova, logo pola Estrada OU-540 durante 10 minutos ata Bande.
Na entrada de Bande hai a sinalización que indica que hai que subir á zona do grupo escolar que é onde se encontra o albergue.
T. 988 046 084
O albergue dispón dun total de 80 prazas distribuídas en tres plantas:
- Salón de usos múltiples, para comedor e actividades varias.
- Escenario con zona de teatro.
- Cociña industrial totalmente equipada.
- Área de xogos con tenis de mesa, futbolín e dardos profesional.
- Área de ocio infantil con mobiliario, xogos e material adaptado.
- Área de descanso con máquina de vending, TV e sofás.
- Calefacción centralizada e acceso a rede wifi en todo o edificio.
Para as actividades conta coas seguintes instalacións prestadas polo concello:
- Piscina de exterior.
- Polideportivo.
- Campo de herba de fútbol 11.
Conta con elevador no acceso e cunha habitación para persoas con mobilidade reducida e o exterior é idóneo.
DEPORTE E MULTIAVENTURA
ACTIVIDADES
Deportivas: xogos de equipo (fútbol, baloncesto, balonmán ou voleibol), carreiras de substitucións, circuíto de obstáculos, deportes alternativos (ultimate frisbee, kin-ball, baseball, rugby); medioambientais: saída á natureza (rutas naturais onde os nenos e as nenas poidan explorar, observar a fauna e flora, e aprender sobre a biodiversidade), xogos de procura do tesouro; combinadas: olimpíadas ecolóxicas (evento que combine deportes e actividades ambientais, como carreiras nas que as nenas e os nenos deban recoller lixo mentres fan exercicio), sendeirismo e xogos de orientación (rutas na natureza seguindo pistas para aprender sobre a contorna); outras actividades: hinchables, torneos de videoconsola, xogos de interior (futbolín, tenis de mesa, diana electrónica), piscina e veladas (cinematográfica, astronómica, tecnolóxica ou con karaoke).
NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Deporte e multiaventura |
07-14/08 |
13-14-15-16 |
148 € |
320012 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
6. RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE O CARBALLIÑO (O Carballiño)
Avda. do Parque s/n, 32500 O Carballiño
Coordenadas GPS: 42°25'29.4"N 8°05'21.4"W
Está situada na vila do Carballiño a 29 km de Ourense. Nun entorno de natureza fronte ao Parque do Carballiño que atravesa o rio Arenteiro. Chégase dende a AG-53 (Ourense - Santiago) ou dende a N-541 (Ourense-Pontevedra).
T. 988 788 111 (recepción).
A Residencia dispón de recinto propio, con ampla zoa axardinada e aparcamento. Pódese chegar en coche ata a mesma porta principal. Accedese ao interior do edificio por escaleiras e ramplas adaptadas. Conta con 78 habitacións distribuídas entre a planta baixa, primeiro e segundo andar. Hai ascensor. Cada habitación dispón de baño propio. Na planta baixa hai cuartos de baño adaptados. Acceso dende o hall de entrada á cafetería e salas de uso común.
Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados totalmente. Sinalización con pictogramas. Baños e habitación adaptadas na planta 0 da instalación. As habitacións teñen camas de usos individual de 90cm. Ten ascensor.
ARTE, DANZA URBANA, TECNOLOXÍA E NATUREZA
ACTIVIDADES
Streamer Mood: obradoiro ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible), obradoiro strytelling, a través de exemplos e a súa aplicación ás artes escénicas e audiovisuais, obradoiros de danza urbana, obradoiro de impro (expresión corporal e performance), obradoiro stencil art, obradoiro mural de arte urbana, vídeocreacións “st2ream igualdade”, obradoiros de videocreacións st2reamers mood. Stopmotion con Lego, studio podcast; Eco-exploradores: xincanas acuáticas con probas predeportivas, rutas ambientais, xogos cooperativos. Noites de animación teatral.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Arte, danza urbana, tecnoloxía e natureza |
02-09/07 |
13-14-15-16 |
148 € |
320013 |
13-20/07 |
13-14-15-16 |
148 € |
320014 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
7. CENTRO DE FORMACIÓN VALVERDE (Allariz)
Rúa Valverde, 9d
C.P: 32667
ALLARIZ. OURENSE
Teléfono: 988 782 964
Sito nas coordenadas 42º11'24.245"N 7º45'54.918"W da estrada OU-0108 Allariz-Xunqueira de Ambía.
Trátase dunha construción tradicional de pedra, parcialmente accesible, que consta dunha única planta. O interior foi restaurado respectando a pedra, a madeira e as fiestras e conta con 5 habitacións, 4 lavabos e 2 salas de estar. Na planta baixa está a cociña e o salón-comedor con lavabos. Na parte exterior traseira ten unha horta, diversas plantas aromáticas, un hórreo e unha finca grande de herba na que é posible aparcar.
Ao redor do seu entorno atópase a Ruta da Padela, que se inicia no propio lugar de Valverde, e, preto do mesmo, está o Ecoespazo do Rexo, obra de Agustín Ibarrola, que transforma un bosque en arte. Tamén ten a 4km vilas con tanto patrimonio arquitectónico como Xunqueira de Ambía e Allariz. Ademais, Allariz conta coa praia fluvial de Acearrica e Xunqueira de Ambía ten piscinas municipais.
DESCONECTA
ACTIVIDADES
Ambientais: ruta pola reserva da biosfera, recoñecemento da fauna silvestre e rastrexo de pegadas de animais e seus usos tradicionais das prantas; deportivas: ioga e mindfulness, xogos fluviais na área de Acearrica, xincana de Santa Mariña de Augas Santas, grande xogo dos Pasos de Romasanta, Olimpíadas Alaricanas e xogo de rastrexo por Allariz; obradoiros: artesanía en coiro, arxila, tecido de tapices, estampado de camisetas, aceites esenciais e saquiños ambientadores; veladas: A Noite Meiga, Operación Rescate, Velada do participante, contacontos mitolóxico e festa final.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Desconecta |
13-20/07 |
13-14-15-16 |
148 € |
320015 |
24-31/07 |
13-14-15-16 |
148 € |
320016 |
8. ALBERGUE XUVENIL DE ABELEDA (Xunqueira de Ambía)
Aldea a Abeleda, 35, 32679 Abeleda, Xunqueira de Ambía, Ourense.
Escolas Vellas: Praza de San Rosendo, 1, 32670, Xunqueira de Ambía, Ourense.
O Albergue atópase no municipio de Abeleda, do Concello de Xunqueira de Ambía. As Escolas Vellas están situadas anexas ao Concello de Xunqueira de Ambía.
T. 633 088 673
O Albergue de Abeleda conta con catro (4) habitacións (con capacidade aproximada de 10 liteiras por habitación). Ten tres baños (3) con duchas e inodoros, distribuídos da seguinte forma: 1 baño masculino, 1 baño feminino e 1 baño adaptado. Ademais, conta cunha cociña e un salón-comedor. Respecto das instalacións exteriores, posúe unha entrada con zona propia de asfalto e un parque infantil de herba para uso do alumnado. As Escolas Vellas teñen diferentes espazos para realizar os talleres musicais; así mesmo, contan cun parque infantil de uso privativo.
Todos os espazos son accesibles para persoas con mobilidade reducida. O Albergue de Abeleda é tan só dunha planta e ten acceso directo a pé de rúa, as habitacións están compostas por liteiras. As Escolas Vellas teñen unha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida.
TOCANDO O VIOLÍN
ACTIVIDADES
Musicais: clases individuais e colectivas de violín e linguaxe musical, ensaios grupais, actividades de escoita, concentración, afinación, simultaneidade e coordinación; outras actividades: piscina, xogos e veladas.
NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de piscina ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.
ALBERGUE XUVENIL DE ABELEDA (Xunqueira de Ambía)

• TOCANDO O VIOLÍN
ACTIVIDADES
Musicais: clases individuais e colectivas de violín e linguaxe musical, ensaios grupais, actividades de escoita, concentración, afinación, simultaneidade e coordinación; outras actividades: piscina, xogos e veladas.
NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de piscina ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Tocando o violín |
05-12/07 |
13-14-15-16 |
148 € |
320017 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
9. ALBERGUE MONTAÑAS DE TREVINCA (A Veiga)
Crtta.Alto do Covelo S/N
Punto de partida Ourense: tomar A52 ata Gudiña desvío 129. Seguidamente OU533 e estrada OUR-PV 2D/OU.0951 da Gudiña dirección Viana do Bolo ata alto de Covelo.
T. 669 522 709
Montañas de Trevinca é un albergue rural, ten dúas plantas e conta cunha capacidade total de 60 prazas. Dispón de 14 habitacións de tipo individual, dobre e múltiple (liteira), unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida. As habitacións son todas exteriores e están distribuídas en 7 dobres con baño privado e 7 múltiples con baño compartido. Na planta baixa hai unha ampla sala común destinada ao servizo de almorzo, tipo buffet.
Os accesos ás zonas comúns están adaptados parcialmente. Dispoñemos dunha habitación adaptada para persoas con mobilidade reducida, pero carece de ascensor, polo que o acceso ao salón dos almorzos sería desde o exterior.
OS SEGREDOS DO UNIVERSO
ACTIVIDADES
Astronómicas: observación astronómica con especialista, creación dun reloxo de sol, un prisma e un foguete de aire comprimido, visita ao planetario-observatorio astronómico; deportivas: xogos cooperativos, xincana, iniciación ao fútbol-praia e aos bolos celtas, roteiros a pé e en bicicleta eléctrica, actividades náuticas (piraguas, paddle surf, pedaletas...) nas praias fluviais dos Franceses e do Coiñedo; visitas: Museo do Liño, Forno do Espiño (realización de pan tradicional), Museo do Wolframio, Casa das Pedriñas e Centro de Transformación de Materias Primas “Mel de Trevinca” e Faba Loba”. Viaxe en catamarán ata a Illa de Prada; outras actividades: rol playins para transmisión de valores e promoción da igualdade, veladas con observación estelar e festa de despedida.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Os segredos do universo |
06-13/07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320018 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
10. RESIDENCIA XUVENIL FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS (Ourense)
Arturo Pérez Serantes, 2, 32005, Ourense
T. 988 788 794 – 988 788 790
As instalacións teñen unha capacidade para aloxar 54 persoas en habitacións dobre e individuais con baño compartido. Contan con cociña, comedor, biblioteca, salón de actos, recepción e zona de xogos.
O SABOR DO VERÁN
ACTIVIDADES
Campamento temático centrado arredor da cociña e do medio natural. Actividades de cociña: iniciación á cociña e técnicas culinarias, cociña creativa, cociña do mundo, repostería; actividades lúdico-deportivas: xogos colectivos, obradoiro de manualidades, coñecemento da flora da contorna e actuacións, piscina; saídas: praza de abastos de Ourense, obradoiro de panadería, visita a un restaurante para coñecer o seu funcionamento dende dentro, masterclass sobre arroces nun restaurante senlleiro da cidade.
NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de piscina ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
O sabor do verán |
01-08/08 |
12-13-14-15-16 |
148 € |
320019 |
10-17/08 |
12-13-14-15-16 |
148 € |
320020 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
11. COLEXIO GUILLELME BROWN (O Pereiro de Aguiar)
A Merteira, s/n, Castadón, 32710 O Pereiro de Aguiar
Dende Ourense pola estrada OU-536 ata Pereiro de Aguiar e logo seguir as indicacións ata o Colexio Guillelme Brown.
https://maps.app.goo.gl/YqcgrPb6pi3aBUNz5
T. 639 972 290
As instalacións están situadas no concello de O Pereiro de Aguiar, a 3 km de Ourense, cunha superficie de 21 m2.
Contan con espazos abertos con: bosque autóctono, espazos axardinados, charcas, hora, parque infantil, piscina, pavillón polideportivo cuberto, pista polideportiva exterior, rocódromo, porche con zona de xogos. Espazos pechados: cociña con servizo propio, comedor, dormitorios habilitados con capacidade para 50 prazas con camas individuais, baños, vestiarios, duchas, biblioteca, aula de psicomotricidade, sala de usos múltiples e salas de realización de obradoiros.
As instalacións están adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
CONTOS E LENDAS
ACTIVIDADES
Campamento de aventura baseado nos contos e lendas galegas. Actividades principais: as relacionadas coa temática, expresión corporal, teatral, obradoiros, preparación da festa final; actividades de aventura: piscina, xogos acuáticos, grandes xogos, deportes, orientación, rocódromo, tiro con arco; actividades nocturnas: veladas (noite de estrelas, animación musical, danzas, festa medieval...); outras actividades: excursión, visitas a lugares de interese (Ourense, zona termal, Ribeira Sacra parque acuático Monterrei).
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Contos e lendas |
01-08/08 |
13-14-15-16 |
148 € |
320028 |