Ir o contido principal
 

A CORUÑA

    1. Albergue Xuvenil Marina Española (Sada)
    2. Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo)
    3. Campamento Xuvenil Furelos (Melide)
    4. Campamento Xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son)
    5. Campamento Xuvenil Espiñeira (Boiro)
    6. Granxa Zoo Grixalba (Sobrado dos Monxes)
    7. Albergue municipal de Cabana de Bergantiños
    8.  Albergue Monte do Gozo (Santiago de Compostela)
    9. Granxa Escola Bergando (Negreira)
    10.  Granxa Escola Garatuxa (Mesía)

 

1. ALBERGUE XUVENIL MARINA ESPAÑOLA (Sada)

Lg. Corbeiroa, s/n, Sada (A Coruña)
A 1,5 km de Sada (A Coruña), na estrada a Betanzos.
T. 881 880 984

Edificio de 4 andares a carón do mar con aloxamento en cuartos de 6 camas e aseo integrado. Dispón de salas de xuntanza, salón de usos múltiples, sala de xogos, pistas deportivas, polideportivo cuberto e espazos ao aire libre.

Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados parcialmente. Só a planta primeira ten o aseo adaptado.

As habitacións teñen maioritariamente liteiras. Carece de ascensor.

AVENTURA NAS MARIÑAS

ACTIVIDADES

Actividades deportivas: takraw/vólei pé, kimball, goalball e boccia; de aventura e natureza: xincanas, xeocaptura, tirolesa e slackline, tiro con arco, escalada, busca de tesouro, aula da natureza, praia e construcións na area, cometas; sobre rodas: flickers e trickers, BTT; outras actividades: videoclip, xogos tradicionais, taller de relaxación, piscina; ruta ambiental e saída a Sada.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Aventura nas Mariñas

01-08/07

14-15-16

148 €

150001

11-18/07

15-15-16

148 €

150002

21-28/07

14-15-16

148 €

150003

01-08/08

14-15-16

148 €

150004

11-18/08

14-15-16

148 €

150005

21-28/08

14-15-16

148 €

150006

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.


2. ALBERGUE XUVENIL DE GANDARÍO (Bergondo)

Lg. Cornide Nº 20, 15167 Bergondo (A Coruña)
A 2 km de Sada (A Coruña) na estrada Sada - Betanzos.
T.  881 880 218

A instalación é un recinto natural de 50.000 metros cadrados situado á beira da praia de Gandarío, con amplas zonas verdes, instalacións deportivas, laboratorio de aula-mariña, salón de xogos, museos de bioloxía mariña e de arte xuvenil, salas de xuntanzas, zona de acampada con servizos e cafetería.

É a instalación da provincia máis apropiada para discapacidades físicas.

Ten liteiras. Os exteriores e as zonas comúns son de fácil acceso. Carece de material náutico e de actividades adaptado.

ACTIVIDADES NO MAR

ACTIVIDADES

Náuticas: vela, TDV táboa (windsuf), canoa (caiac), paddle surf, wakeboard, donut; outras actividades: xogos deportivos, aula TIC mariña; excursión náutica (volta Ártabra) e saída.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Actividades no mar

01-10/07

10-11-12

193,30 €

150007

15-24/07

07-08-09-10

193,30 €

150008

29/07-07/08

07-08-09-10

193,30 €

150009

12-21/08

11-12-13

193,30 €

150010

26/08-04/09

10-11-12-13

193,30 €

150011

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

CAMPAMENTOS TECNOLÓXICOS

NOTA: Para participar nestes campamentos non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.

CREANDO O MEU VIDEOXOGO

ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento ao desenvolvemento de videoxogos e á Intelixencia Artificial en imaxe 3D, usando o motor de videoxogos Unreal Engine. As persoas participantes poderán crear nesta contorna un videoxogo definindo a interface gráfica, as personaxes, a mecánica do xogo e facer uso da Intelixencia Artificial para obter comportamentos que se asemellen á realidade.

 

CAMPAMENTO

QUENDA

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Creando o meu videoxogo

31/08-07/09

11-12-13

148 €

150012

 

A VISTA DE PAXARO. PRIMEIROS PASOS CON DRONS

ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento aos fundamentos que permiten a creación, control e voo dun dron. As persoas participantes terán a opción de construír o seu propio dron e de aprender os elementos básicos do seu funcionamento e, ao final do campamento, realizar unha xincana de competición coas súas creacións.

 

CAMPAMENTO

QUENDA

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons

31/08-07/09

11-12-13

148 €

150013

 

ADESTRANDO O MEU ROBOT

ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento aos principios tecnolóxicos que son necesarios para construción, funcionamento e mellora no control de robots sinxelos, mediante o emprego de ferramentas informáticas e traballo en equipo, superando pequenas probas ou retos coa aplicación dos coñecementos aprendidos.  

 

CAMPAMENTO

QUENDA

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Adestrando o meu robot

31/08-07/09

11-12-13

148 €

150014

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA dos campamentos coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

3. CAMPAMENTO XUVENIL FURELOS (Melide)

Lg. Furelos, 15800, Melide (A Coruña)
A 1,5 km de Melide na estrada Lugo-Santiago de Compostela
T. 881 867 382

Está situado a carón do Camiño Francés. Ten capacidade para 60 prazas en tendas de campaña.
Ten un aseo adaptado. Os exteriores non están adaptados.

NATUREZA NO CAMIÑO

ACTIVIDADES
Actividades de aventura e natureza: xincana de aventuras, orientación, sendeirismo, tiro con arco, aula da natureza; deportivas: bicicleta de montaña, spartan race, paleo training, canoa (caiac), xogos pre-deportivos e quidditch; outras actividades: karaoke, taller de relaxación; excursión e OllaMelide.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Natureza no camiño

01-10/07

11-12

146,70 €

150015

15-24/07

07-08-09

146,70 €

150016

29/07-07/08

10-11

146,70 €

150017

12-21/08

11-12

146,70 €

150018

26/08-04/09

07-08-09

146,70 €

150019

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

4. CAMPAMENTO XUVENIL VIRXE DE LORETO (Porto do Son)

Lugar Aguieira 8, 15978  A Aguieira, Porto do Son (A Coruña)
A 2 km de Porto do Son, na estrada a Noia
T. 881 867 233

O campamento está á beira do mar e ten capacidade para 150 prazas, en tendas de campaña. Ten un comedor cuberto, pista polideportiva e recinto cuberto para obradoiros.

Os aseos e os exteriores non están adaptados. Non están adaptados nin o material náutico nin as actividades.

NATUREZA XUNTO AO MAR

ACTIVIDADES
Náuticas:  caiac, surf, bodyboard, caiac surf; aventura e supervivencia: raid-escalada, bicicleta de montaña, tirolesa, tiro con arco, slack-line, longboard, rappel, orientación, vivac e primeiros auxilios; diverpraia: paddleBoard, skimboard, cometas; outras actividades: natureza mariña/biomergullo; excursión inmersión no Son.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Natureza xunto ao mar

01-10/07

10-11

172,50 €

150020

15-24/07

10-11

172,50 €

150021

29/07-07/08

07-08-09-10

172,50 €

150022

12-21/08

07-08-09-10

172,50 €

150023

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

5. CAMPAMENTO XUVENIL ESPIÑEIRA (Boiro)

Costa de Espiñeira 81, 15930 Boiro (A Coruña)
A 2 km de Boiro. Autobuses desde Santiago de Compostela.
T. 881 867 237

A instalación dispón de 100 prazas en tendas de campaña. Ten pistas polideportivas, servizos hixiénicos completos e comedor cuberto.
 
Ten dous aseos adaptados. Os exteriores non están adaptados pero son de fácil acceso para cadeiras de rodas.

CANDILEXAS

ACTIVIDADES
Artes escénicas: teatro, circo, caracterización, danza, maxia, percusión, acrosport, arte na natureza, contos ao revés, ensaios teatrais e representación final; outras actividades: tiro con arco, xogo de aventura, festa Holi e festa da espuma; excursións: Boiro e parque do río Coroño (inclúe praia con actividades por equipos: volei, papaventos, brilé, petanca).

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de praia ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Candilexas

01-10/07

13-14

146,70 €

150024

15-24/07

13-14

146,70 €

150025

29/07-07/08

13-14

146,70 €

150026

12-21/08

07-08-09-10

146,70 €

150027

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

TALENTIA

ACTIVIDADES
Master class e dinámicas de grupo con Rubén Riós e convidados/as especiais: música, interpretación, lingua, redes sociais e mocidade, comunicación verbal e non verbal, improvisación, contacontos, asociacionismo xuvenil e activismo social, as representacións e presentacións, cástings, mímica, dirección, produción, o emprendemento no rural e a diversidade, dramatización e estimulación da memoria, a xuventude como motor de cambio, o guión e a personaxe, entrevistas. Convidados/as especiais (segundo dispoñibilidade): Benedicta Sánchez, Rocío Camaño, Paula Carballeira, Esther Estévez, Sabela Arán, Borja Mina, Irene López e Lorena Quintás. Excursións: saídas pola natureza e á praia da contorna. Xogos: as mulleres no cinema, stratego, noite de cástings, atrapa a bandeira, veladas con proxección de documentais e películas e coloquios.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

 

CAMPAMENTO

QUENDA

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Talentia

26/08-04 /09

07-08-09-10-11

146,70 €

150028

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

6. GRANXA ZOO DE GRIXALBA (Sobrado dos Monxes)

R/Casal de Abaixo, 2. 15815 Grixalba. Sobrado dos Monxes. A Coruña
Coordenadas para GPS: 43º05’18.1″N – 7º58’15.2″W
T. 650 955 265

Complexo turístico en plena natureza no que se pode desfrutar da vida no campo. O complexo conta cunha infraestrutura de 7000 m2. O Albergue con 450m2 está destinado a estancia e aloxamento dos/as rapaces/zas e ten unha capacidade máxima de 45 prazas repartidas en habitacións  con liteiras.

A instalación está adaptada a persoas con mobilidade reducida, incluíndo acceso, baños e zonas comúns. Dispón de ramplas onde é preciso.

ALDEA PERDIDA

ACTIVIDADES
Educación ambiental: obradoiro de coidado da horta, rastrexo no medio natural, coidado de animais domésticos; obradoiros: de alimentación e de artesanía; outras actividades: grandes xogos, tiro con arco, xincanas, veladas, piscina e xogos acuáticos e slack line.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

A aldea perdida

11-18/07

13-14-15-16

148 €

150029

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

7. ALBERGUE MUNICIPAL DE CABANA DE BERGANTIÑOS (Cabana de Bergantiños)

Lugar a Carballa, s/n, Cesullas, 15116 Cabana de Bergantiños (A Coruña).
Acceso por estrada en coche; estación de tren ou autobús próximas. Pasa un autobús diariamente a intervalos regulares con saída da estación de autobuses de Carballo.

T. 690 610 065

O albergue está situado a pé da Ría de Cabana e ten acceso ás pistas polideportivas do colexio, 2 canchas de fútbol sala, cancha de baloncesto e parque infantil.
Consta de 45 prazas para durmir, divididas en tres módulos de 15 prazas por módulo. Conta con sala común de descanso equipada con sistema de audio e vídeo, zona de ocio con ordenadores e conexión a rede WIFI, comedor e cociña totalmente equipada.

Non conta con ascensor á primeira planta. Hai unha habitación adaptada a persoas con mobilidade reducida. O edificio está adaptado a persoas con discapacidade aos demais servizos: cociña, salón, recepción, etc.

AVENTURAS NA PRAIA E NATUREZA

ACTIVIDADES
Deportivas: roteiro polo Camiño dos Faros e Valarés, xogos náuticos, paddel surf, descenso do Anllóns en caiac, tiro con arco e xogos na area; excursións: Casa de Eduardo Pondal (teatralizada), Museo do Xogo Tradicional (Melga), fervenza da Saimia, saída polo Rego dos Muíños ata o castro de Borneiro, Dolmen de Dombate (teatralizada), dunas de Monte Branco e lonxa de Laxe; visitas: mariscadoras de Bergantiños e a un astaleiro tradicional de madeira; ambientais: coñecemento da riqueza da flora e fauna do Esteiro; outras actividades: xogos populares na contorna do Río Anllóns, paseo en tren turístico e praia.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Aventuras na praia e natureza

28/07-04/08

13-14-15-16

148€

150030

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

8. ALBERGUE MONTE DO GOZO (Santiago de Compostela)

Monte do Gozo – Rúa do Gozo, 18, Santiago de Compostela
Tel. 881 255 386

EN COCHE
Vés en coche? A estrada N-634 deixarache ás portas do Monte do Gozo. Tamén podes acceder desde a AP-9.
EN AUTOBÚS
Desde o centro de Santiago, é posible acceder ás inmediacións do recinto nas liñas de autobús urbano, 6 e 7.
Na liña 6, a túa parada é San Marcos.
Na liña 7, deberás baixar na rotonda de Aríns.

O complexo ocupa un amplo recinto de 65 hectáreas nunha zona, Monte do Gozo, de gran simboloxía para o Camiño, por ser o lugar desde o que o peregrino que percorre o Camiño Francés divisa as torres da Catedral por primeira vez.
O espazo distribúese na zona de albergue, na que se atopan os pavillóns de habitacións; a praza central, e a zona de lecer, que inclúe amplas zonas verdes, piscinas con solario e mesmo un auditorio que é escenario de importantes citas musicais.
O albergue Monte do Gozo ten habitacións compartidas, con cuarto de baño.
As habitacións compartidas distribúense en estancias para 8 e 4 persoas, con 4 e 2 liteiras respectivamente.
Os exteriores e as zonas comúns están adaptados para persoas con mobilidade reducida. As habitacións teñen, maioritariamente, liteiras. Carece de ascensor.

CAMPAMENTO DE MÚSICA ROCK

ACTIVIDADES
Musicais: clases de instrumento: batería, canto, guitarra, baixo, teclado e ukelele; combos: formación de bandas e preparación do concerto final, Jam Sessions e veladas musicais; obradoiros musicais: composición, historia do rock, formación en linguaxe musical e harmonía, técnico de son e medo escénico; estilos musicais: coñecer os estilos musicais máis significativos da música moderna, distinguir as características principais de cada estilo; De cociña: cociña saúdable: coñecendo os alimentos, distintos estilos de cociña, cociña vegana, repostería; Deportivas: aquagym, o deporte é saúde, actividades predeportivas; Medioambientais: rutas e excursionismo, interpretación ambiental no medio natural e urbano; obradoiros de cosmética natural.

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Campamento de música rock

19-26/07

07-08-09-10

148€

150031

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

CAMPAMENTO CREATIVO ARTÍSTICO

ACTIVIDADES
Creativo-artísticas: Obradoiros de ficción sonora, de fotografía, de ilustración (manga), de cerámica, de creación con distintos materiais: coiro, materiais reciclados..., musicais e de moda. Outras actividades: medioambientais, deportivas, de cociña, xogos de mesa, concertos, piscina. Excursións Fisterra, Porto do Son, Corrubedo.

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Campamento creativo artístico

01-08/08

07-08-09-10

148€

150040

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

9. GRANXA ESCOLA BERGANDO (Negreira)

Monte Bergando, Negreira
Tel. 696840382
https://www.google.es/maps/dir/Santiago+de+Compostela/Granja+Escuela+Bergando,+Av.+Santiago,+15830+Negreira,+A+Coruña/@42.8812146,-8.7175852,24365m/data=!3m1!1e3!4m13!4m12!1m5!1m1!1s0xd2efe44e2dd71a7:0xe0146888c087e311!2m2!1d-8.5441729!2d42.8768606!1m5!1m1!1s0xd2ee38bf703552b:0x83f3336df1ac688f!2m2!1d-8.7213704!2d42.9150992?hl=es&entry=ttu&g_ep=EgoyMDI1MDQwOC4wIKXMDSoASAFQAw%3D%3D


As instalacións constan de sala multiusos, zona de xogos, horta, invernadeiro, pista deportiva, piscina exterior, campo de painball, rocódromo, tirolina, cuadras, establos, aviario e picadeiro exterior e cuberto.
Aloxamento en albergue con liteiras e comedor.

A instalación atópase nunha reserva forestal polo que os accesos ás zonas comúns non están asfaltados, o que dificulta o acceso en cadeira de rodas.
O albergue ten dúas plantas con liteiras. Carece de ascensor. Ten aseos adaptados.

ECO CAMP LABREGO

ACTIVIDADES
Físico-deportivas: Equitación, xogos populares e cooperativos, sendeirismo, piragüismo, escalada, natación, paintball. Talleres: manualidades, expresión corporal, cociña. Agrícolas e gandeiras: coidado de animais (coñecemento dos distintos animais, comida, limpeza…) actividades de horta e invernadoiro (coñecemento hortalizas, verduras, plantas aromáticas…) Culturais: visita á contorna próxima coñecendo a riqueza monumental da zona.

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Eco Camp Labrego

02-09/08

14-15-16

148€

150041

23-30/08

12-13

148 €

150042

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

10. GRANXA ESCOLA GARATUXA (Mesía)

Lugar Fontorto, 13, Boado, 15686, Mesía, A Coruña
T. 648 872 609 – 641 109 716

Coller o desvío de Ponte Brates/Abellá na estrada N-634 dirección Boado. Se a dirección de marcha é desde Santiago de Compostela para Curtis-Oviedo, o desvío atoparase a man dereita, e se a dirección de marcha é cara Santiago o desvío atoparase á esquerda. Unha vez tomado o desvío, avanzar ata chegar a un cruce que pon “Punto Limpio” indicando xirar á esquerda, e seguir esa estrada ata chegar a “Casa de Bello”.

As instalacións contan cunhas óptimas condicións de accesibilidade, deseño e construción. Dispoñen de abastecemento e auga quente sanitaria e sistema de calefacción. Todas as estancias teñen ventilación e iluminación natural. Contan tamén cunha zona de preparación de alimentos con todo o equipamento necesario para prestar o servizo de manutención; unha zona de comedor e unha zona polivalente para a reunión e realización de actividades en grupo. Dispón dunha planta alta que alberga habitacións con liteiras e o número de baños que cobre as necesidades das persoas usuarias do centro. Tamén conta cunha zona de horta ecolóxica, galiñeiro, lazareto, estanque de patos, conexeira e unha finca colindante destinada ás cabras e ovellas. Todo isto está disposto ao redor dunha gran eira perfecta para o desenvolvemento de xogos e actividades en gran grupo, presidida por un histórico hórreo de planta cadrada de dous pisos no que hai unha cociña na parte inferior e unha sala de xogos na segunda planta. Na parte traseira deste hórreo hai un xardín privado destinado á desconexión e o contacto coa flora.

A entrada sitúase nunha zona de planta baixa facilitando a accesibilidade ás persoas usuarias, de tal modo que unha persoa con mobilidade reducida poida gozar de todas as oportunidades ofrecidas polo albergue. Non obstante, o albergue carece de ascensor.

O BOSQUE ANIMADO

ACTIVIDADES
Xogos: de presentación e distensión, medioambientais, xincana de xogos tradicionais, xogos cooperativos, xincana de auga. Agrícolas e gandeiras: obradoiro de compostaxe, plantación e coidado da horta, coidado dos animais. Culturais: cotidiáfanos, foliada Excursións: Casa Grande de Xanceda, Aula da natureza de Mesía, Misión imposible Fontorto, piscina de Mesía, ruta do Tambre. Outras: Obradoiros de cociña, actividades de natureza (obradoiro de espantallos, obradoiro de vivacs, orientación e Bushcraft,bingo ambiental)

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

O bosque animado

01-08/08

12-13-14-15-16

148€

150043

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.