Ir o contido principal
 

Renuncia de praza:

exclamacionUnha vez formalizada a inscrición nun campo de voluntariado, se por algún motivo non suxeito á devolución da cota, xurdira un imprevisto que impida participar no campo, solicitamos que se comunique a renuncia á praza o máis axiña posible para liberala e facilitar así a participación doutra persoa voluntaria.

O correo electrónico para comunicar a renuncia é o mesmo que para a remisión da documentación:

Nel indícanos o teu NIF máis o codigo ou o nome do campo de voluntariado ao que renuncias.

No caso de que a renuncia estea motivada nalgunha das causas que dan dereito á devolución, pode comunicarse a renuncia e solicitar a devolución mediante este formulario, que se deberá remitir a un dos correos electrónicos antes indicado que corresponda.