
O primeiro grande encontro en Galicia que une xuventude, deporte e saúde mental.
A Mente en Forma é un evento deseñado para poñer en valor a saúde mental no deporte, fomentar a inspiración na mocidade e fortalecer a colaboración entre os diferentes axentes do ecosistema deportivo galego. A través de ponencias, mesas redondas e encontros con referentes deportivos de elite, buscamos promover unha mensaxe positiva sobre a importancia da mente no rendemento, no benestar e no desenvolvemento persoal ao tempo que reforzamos os valores educativos do deporte, como a superación o respecto o traballo en equipo ou a igualdade de oportunidades.
O evento concíbese como un punto de encontro entre deportistas, adestradores, nenos e nenas, permitindo visibilizar posicionar Galicia como referente en benestar, saúde mental e deporte.
Obxectivos
- Promover os valores do deporte: convivencia, compromiso e actitudes positivas.
- Inspirar a mocidade a través de exemplos reais de esforzo, resiliencia e superación.
- Dar a coñecer oportunidades formativas e profesionais vencelladas ao deporte.
- Concienciar sobre a importancia da saúde mental e da preparación psicolóxica no rendemento deportivo.
- Reforzar o papel de Galicia como referente en talento, excelencia deportiva e benestar.
Unha cita para a xuventude galega que non podes perder!
A quen vai dirixido?
- Deportistas de todas as idades, especialmente mozos e mozas en formación
- Clubs deportivos, federacións e asociacións
- Universidades e centros de investigación en ciencias do deporte
- Institucións e organismos públicos interesados no desenvolvemento deportivo e social
Transporte de balde desde as principais cidades:
| Cidade | Hora de Saída | Punto de recollida |
|---|---|---|
| A Coruña | 15:20h | Alfonso Molina (Parada bus gasoliñeira Repsol, fronte Estación de Autobuses) |
| Ferrol | 15:00h | Plaza de España |
| Santiago | 16:15h | Estación intermodal |
| Ourense | 15:00h | Estación de autobuses de ourense |
| Lugo | 15:00h | Pazo Provincial dos Deportes |
| Pontevedra | 15:30h | Parada de Vialia (xunto a estación do tren) |
| Vigo | 15:10h | Arenal - Antigo Rectorado |
Estes son os deportistas de élite confirmados:
Javier Gómez Noya
Cinco veces campión do mundo de triatlón, catro veces campión de Europa e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Premio Princesa de Asturias dos Deportes.
Javier Gómez Noya é considerado un dos mellores triatletas da historia e un referente galego indiscutible. Dentro da súa traxectoria destacan retos persoais que puxeron a proba non só o físico senón tamén o mental, como un veto por unha anomalía cardíaca de moitos anos, onde tivo que manter unha disciplina e resiliencia mental de alto nivel.
Melania Rodríguez
Dúas veces campioa do Mundo de Doble Mini-Tramp
É unha das ximnastas españolas máis brillantes da actualidade, especializada na modalidade de trampolín e dobre mini-tramp. Desde moi nova adicouse á ximnasia, primeiro en artística e máis tarde no trampolín, situándose como referente en España pola súa técnica, valentía e brillantez.
Ela mesma recoñece que traballa coa axuda de profesionais para xestionar as emocións, a presión e a responsabilidade, facendo visible que coidar a saúde mental é parte vital do éxito.
Santi Tarrío
Dobre campión do Challenge Tour de Golf
Iniciou a súa carreira no golf desde moi novo, destacando polo seu talento e pola súa extraordinaria capacidade de concentración. Despois de triunfar no Challenge Tour, onde acadou importantes vitorias e o número 1 do ranking, deu o salto ao DP World Tour, consolidándose como un dos deportistas galegos máis relevantes no panorama europeo.
Carolina García
É piragüista en modalidade de augas tranquilas, licenciada en Biomedicina Básica e Experimental pola Universidade de Sevilla. No Mundial 2023 conseguiu unha medalla de bronce.
Ao combinar un grao en ciencias coa práctica deportiva de elite, Carolina ten unha visión moi marcada do rendemento deportivo, da investigación e da disciplina mental no deporte e nos estudos. Afirma que sacrificou moito para chegar adiante e que “unha vontade de ferro” foi clave no seu progreso
Xisela Aranda
Acadou sete títulos de campioa de España de squash e tamén foi futbolista do CD Tenerife. Como exdeportista e agora xestora deportiva, Xisela ten unha visión transversal do deporte, que non só se basa en resultados, senón en como se constrúen equipos, hábitos e ambientes saudables. Pode aportar ao evento a perspectiva de que o benestar mental debe acompañar a formación deportiva e a carreira tanto no eido da base como na elite.
Lucas Pérez
Ex-xogador do RC Deportivo de A Coruña e Arsenal, entre outros
Futbolista profesional cunha carreira extensa marcada pola perseveranza, a superación persoal e a paixón polo xogo. Destacou especialmente co RC Deportivo de A Coruña, onde viviu algúns dos momentos máis intensos da súa carreira: campañas de éxito, goles claves e unha conexión especial coa afección. Como deportista de alto nivel pero tamén como persoa que coñece a complexidade detrás do éxito, pode aportar unha visión honesta e profunda sobre a saúde mental no deporte: non todo é fútbol ou competición, tamén está o ser humano que compite, loita e crece.
Estrella López Sheriff
Actual campioa de España de Judo, 7 medallas en Grand Prix e Grand Slam
Judoca e psicóloga deportiva, na súa carreira, Estrella destaca non só polo rendemento físico senón pola preparación psicolóxica: fala da importancia da intelixencia emocional e da psicoloxía para afrontar os momentos clave da competición.
Guille Carracedo
Deportista de alta competición no paddle‑surf, campión de España e subcampión mundial coa selección española. Ademais, é licenciado en Medicina pola USC. Como médico con experiencia deportiva, Guille ofrece unha combinación única: entende o deporte de alto nivel, a superación persoal e tamén o contexto da saúde. En diversas entrevistas reflicte que a aventura, o risco e os retos están acompañados dunha preparación mental notable.
Víctor Pérez
Adestrador do CB Breogán e integrante do corpo técnico da Selección Española Sub-19 (campioa do mundo 2023)
Borja Iglesias
Xogador do Celta de Vigo
Borja caracterízase pola súa gran implicación con diversas causas sociais. Nunha entrevista confesou: “gústame escribir desde pequeno, fágoo por necesidade psicolóxica” (El Progreso de Lugo). Ademais, relatou que limitouse ao fútbol xunto á súa carreira persoal e destacou: “cando me limito só ao fútbol, síntome mal: como que me estreso máis” (The Guardian).
Brais Méndez
Xogador da Real Sociedad
Brais é un defensor da saúde mental no fútbol profesional. En diversas ocasións relatou as dificultades que viviu cando xogaba de mozo no Celta, especialmente os silbidos da afección ou o impacto negativo das redes sociais.
Esta actividade enmárcase no proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E que está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do programa Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021-2027.

