
Cursos de portugués no marco do proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E
A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca a primeira edición de Cursos de portugués no marco do proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E.
O programa 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E é un proxecto transfronteirizo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que nace co obxectivo de promover a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural e dinamizando o mercado laboral transfronteirizo.
No marco desta colaboración institucional a Dirección Xeral de Xuventude pon en marcha cursos de portugués de nivel A1/A2, B1 e B2, con titorización, seguimento do alumnado e avaliación continua. Os cursos incluirán un grupo de 200 persoas participantes para cada un dos niveis. A realización destes cursos considérase necesaria e proveitosa para a mellora das competencias profesionais, a mobilidade laboral e a inserción no mercado de traballo transfronterizo, no que poderán participar mozos e mozas residentes en Galicia ou en Portugal.
Destinatarios/as:
Mozos e mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso.
Prazas: máximo 200
Data de inicio: 02/03/2026
Data de finalización: 15/05/2026
Data de exame final : 15/05/2026
*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.
Características dos cursos:
Lingua portuguesa. Niveis A1/A2, B1 e B2 de 75 ou 80 horas de duración segundo o nivel. Modalidade de impartición: teleformación.
Descrición dos cursos:
Os cursos están organizados en módulos formativos, deseñados para garantir unha progresión clara e gradual das competencias lingüísticas do alumnado. Cada módulo inclúe:
- Contidos de gramática e vocabulario, presentados de forma estruturada e adaptados ao nivel correspondente.
- Videos explicativos, nos que se desenvolven os puntos clave de cada unidde e se ofrecen exemplos prácticos.
- Exercicios de autocorrección, que permiten ao alumndo comprobar o seu progreso de maneira inmediata e reforzar os contidos traballados.
Ademais, ao longo do curso establécense tarefas periódicas que formentan a producción escrita e oral, así como mini tests de seguimiento destinados a avaliar a compresión e consolidación dos coñecementos adquiridos en cada fase. Cada curso inclúe tamén unha conexión en liña en grupo de 30 minutos semanais, destinada á expresión oral e a resolución de posible dúbidas. Os cursos tamén inclúen un exame final, pensado para avaliar de forma global o nivel alcanzado ao remate do curso.
Inscrición: mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 11 ao 20 de febreiro de 2026
Admisión: As persoas interesadas en participar serán admitidas por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Recibido o correo electrónico de selección, deberá remitir a ese mesmo correo unha copia do Documento Nacional de Identidade. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres (3) días seguintes, entenderase que non obtivo praza.
Programa e contidos:
NIVEL A1/A2
- Fonética da lingua portuguesa
- Verbos ser e estar, pronomes pessoais
- Os dias da semana e os meses, os números e as horas, a escola
- Os verbos irregulares em -ar, -er e -ir
- As rotinas diárias e os tempos livres
- Os pronomes possessivos, demonstrativos e as contrações
- Preposicións (a, en, de, con, por, desde, ata, …) e contraccións das preposicións cos artigos (á, ao, no, nun, do, polo, …)
- A roupa e as cores
- Pretérito perfeito simples
- Pretérito perfeito simples irregular
- Os días da semana
- As refeições e o restaurante
- O imperativo
- A família
- Os géneros e o plural
- As cores
- As profissões
- O pronome reflexo
- O corpo humano
*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.
NIVEL B1
- Fonética da língua portuguesa
- Revisão dos verbos do nível A2
- Descrições físicas e psicológicas
- Formas de expressar o futuro
- Falar sobre a saúde
- O condicional
- Os animais de companhia
- O presente do conjuntivo
- As compras
- Meteorologia e clima
- Pronomes relativos
- Pretérito perfeito do conjuntivo
- Desporto
*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.
NIVEL B2
- Fonética da língua portuguesa
- Revisão dos tempos verbais estudados ao longo dos níveis anteriores
- Cinema e teatro
- A acentuação em português
- Trabalho
- O infinitivo pessoal
- Carro, trânsito e aeroportos
- Tipos de alojamento
- A voz passiva
- Educação
- O futuro do conjuntivo
- Relacionamentos
- Futuro do conjuntivo VS Infinitivo pessoal
- Ecologia e problemas ambientais
- Expressão da condição e da hipótese
- Na horta e no pomar
- Os conectores do discurso
*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.
Cronograma:
Curso de Portugués A1-A2
Duración: 75 horas
| Datas | |
|---|---|
| Inicio Finalización |
02/03/2026 15/05/2026 |
| Lição 1 Lição 2 |
Semanas 1-2 |
| Control | Semana 3 |
| Lição 3 Lição 4 |
Semana 3-4 |
| Control | Semana 5 |
| Lição 5 Lição 6 Lição 7 |
Semana 5 Semana 6 Semana 7 |
| Control | Semana 7 |
| Listaxe persoas admitidas ao examen | Semana 10 (o día seguinte a rematar a última lección) |
| Proba final (en liña) | Semana 10 |
| Listaxe de persoas aprobadas | Semana 11 |
Contidos dos módulos:
Lição 1
- Fonética da língua portuguesa
- Gramática: Verbos ser e estar, pronomes pessoais
- Vocabulario: Alfabeto, expressões para cumprimentar-se, apresentar-se e despedir-se,
Curiosidades: O português pelo mundo
Lição 2
- Fonética: O sistema de sibilantes
- Gramática: Os verbos regulares no presente do indicativo, o verbo "gostar de"
- Vocabulario: Os dias da semana e os meses, os números e as horas, a escola
Lição 3
- Gramática: O presente de indicativo . Os verbos irregulares em -ar, -er e -ir
- Vocabulario: As rotinas diárias e os tempos livres
- Leitura
Lição 4
- Gramáca: Os pronomes possessivos, demonstrativos e as contrações
- Vocabulario: A roupa e as cores
- Diferenças entre o galego e o português - Uma introdução
Lição 5
- Gramática: Pretérito imperfeito do indicativo
- Vocabulario: A casa
Lição 6
- Gramática: Pretérito perfeito simples
- Vocabulario:A cidade, meios de transporte e preposições de lugar
- Leitura
Lição 7
- Gramática: Pretérito perfeito simples irregular
- Vocabulario: As refeições e o restaurante
Lição 8
- Gramática: O imperativo
- Vocabulario: A família
Lição 9
- Gramática: Os géneros e o plural
- Vocabulario: As profissões
Lição 10
- Gramática: O pronome reflexo
- Vocabulario: O corpo humano
Cronograma
Curso de Portugués B1
Duración: 80 horas
| Datas | |
|---|---|
| Inicio Finalización |
02/03/2026 15/05/2026 |
| Introducción e fonética da língua Lição 1 Lição 2 |
Semanas 1-3 |
| Control | Semana 3 |
| Lição 3 Lição 4 |
Semana 4-5 |
| Control + Tarefa escrita I | Semana 5 |
| Lição 5 Lição 6 |
Semana 6 Semana 7 |
| Control + Tarefa escrita II | Semana 7 |
| Lição 7 Lição 8 Revisões |
Semana 8 Semana 9 Semana 10 |
| Listaxe persoas admitidas ao examen | Semana 10 (o día seguinte a rematar a última lección) |
| Proba final (en liña) | Semana 10 |
| Listaxe de persoas aprobadas | Semana 11 |
Contidos dos módulos:
Introdución
- Fonética da língua portuguesa
Lição 1
- Gramática: Revisão dos verbos do pasado
- Vocabulario: Descrições básicas e psicológicas
Lição 2
- Gramática: Formas de expressar o futuro
- Vocabulario: Falar sobre a saúde
Lição 3
- Gramática: O condicional
- Ortografía
- Vocabulario: Os animais de companhia
Lição 4
- Gramática: O presente do conjuntivo
- Ortografía
- Vocabulario: As compras
Lição 5
- Gramática: Os pronomes relativos
- Vocabulario: Desporto
Lição 6
- Gramática: Pretérito perfeito do conjuntivo
- Vocabulario: Meteorologia e clima
- Leitura
Lição 7
- Gramática: O pretérito mais que perfeito simple e composto
- Vocabulario: Tecnologia
Lição 8
- Gramática: Distinção e usos do pretérito perfeito do conjuntivo e do pretérito mais-queperfeito do conjuntivo
- Vocabulario: Férias
Revisões
Cronograma
Curso de Portugués B2
Duración: 80 horas
| Datas | |
|---|---|
| Inicio Finalización |
02/03/2026 15/05/2026 |
| Lição 1 Lição 2 |
Semanas 2-3 |
| Control | Semana 3 |
| Lição 3 Lição 4 |
Semana 4-5 |
| Control + Tarefa escrita I | Semana 5 |
| Lição 5 Lição 6 |
Semana 6 Semana 7 |
| Control + Tarefa escrita II | Semana 7 |
| Lição 7 Lição 8 Revisões |
Semana 8 Semana 9 Semana 10 |
| Listaxe persoas admitidas ao examen | Semana 10 (o día seguinte a rematar a última lección) |
| Proba final (en liña) | Semana 10 |
| Listaxe de persoas aprobadas | Semana 11 |
Contidos dos módulos:
Introdución:
- fonética da língua portuguesa
Lição 1
- Gramática: Revisão dos tempos verbais estudados ao longo dos níveis anteriores
- Vocabulario: Cinema e teatro
Lição 2
- Gramática: A acentuação em português
- Vocabulario: Trabalho
Lição 3
- Gramática: O infinitivo pessoal
- Vocabulario: Carro, trânsito e aeroportos ; tipos de alojamento
Lição 4
- Gramática: A voz passiva
- Vocabulario: A educação
Lição 5
- Gramática: O futuro do conjuntivo
- Vocabulario: Relacionamentos
Lição 6
- Gramática: Futuro do conjuntivo VS Infinitivo pessoal
- Vocabulario:Ecologia e problemas ambientais
Lição 7
- Gramática: Expressão da condição e da hipótese
- Vocabulario: Na horta e no pomar
Lição 8
- Gramática: Os conectores do discurso
Vocabulario: Expressões idiomáticas
Fitos clave da programación:
- As leccións ábrense en módulos.
- Sempre queda dispoñible o contido de cada lección.
- Cada semana os exercicios propostos serán corrixidos automaticamente pola plataforma. Hai probas obrigatorias que están abertas durante dez (10) días, despois péchanse.
- As titorías serán unha vez por semana durante 30 minutos e a titora estará dispoñible no chat ou“videochat” e tamén fará o seguimento regular das dúbidas nos foros, para que todas queden resoltas no prazo máis curto posible.
- Requirimentos para seren admitido/a ao exame: completar mínimo un 70% do curso, completar e aprobar os mini-tests e o test, completar as tarefas e participar nos foros.
Mais información: desafiosjovens.xuventude@xunta.gal

